Algunhas das feiras das que nos deron conta os nosos informantes:
- A Cañiza: os días 6 e 20 de cada mes; en caso de que sexan festivos, celébrase o día anterior;
- A Golada: feira do Doce, celébrase o día 12 de cada mes; en outubro celébrase a feira anual, actualmente cun Mercado Medieval; antiguamente ían da Bandeira á Golada andando; tamén ía os comerciantes de Melide vaender os seus productos;
- Abadín: primeiro e terceiro sábado de cada mes;
- Allariz: días 1 e 15 de cada mes; se cae en domingo, pasa ó luns, agás o 15 de agosto;
- Arzúa: celebrábase o días 8 e 22 de cada mes; había queixos, polbo, rosquillas e gando; esta parte da feira estaba separada do resto;
- As Pontes: días 1 e 15 de cada mes;
- As San Lucas de Mondoñedo: feira de A Ano; 18 de outubro; feira de cabalos;
- Baiona: a máis importante era o 26 de Setembro, coincidindo coa festividade dos santos Cosme e Damián; vendían mel, noces, mazás da Xunqueira, sandías...; nesta feira mercábase o porco pequeno que sustituiría ó que se mataría polo San Martiño;
- Bandeira: os días 14 e 29 de cada mes; vendían noces, mel, mazás...; a máis popular coincidía coa celebración dos Desamparados;
- Bembibre (concello de Val do Dubra): o primeiro luns e o terceiro martes de cada mes;
- Bertamiráns (concello de Ames): todolos sábados pola tarde;
- Betanzos: os días 1 e 16 de cada mes;
- Castroverde: primeiro e terceiro sábado de cada mes;
- Castro Caldelas: os días 3 e 18 de cada mes, a víspera se cae en domingo;
- Francos, Calo (concello de Teo): o día de San Martiño; feira de cabalos; era costume ir toma-lo polbo;
- Lalín: os días 3 e 18; se son festivos, celébranse o día anterior;
- Laracha: primeiro e terceiro domingo de cada mes;
- Lestedo (concello de Boqueixón): os días 13 e 26 de cada mes; de feito a Lestedo coñéceselle popularmente coma O Vinteseis;
- Maceda: os días 4 e 20 de cada mes, se é domingo, celébrase a víspera;
- Monterroso: feira de A Ano; por Tódolos Santos; allos, cebolas, pan, chourizos...
- Murás: 26 de setembro, feira de A Ano; cabalos;
- Nadela, San Xoán da Pena, Lugo: feira de A Ano; celébrase polo Entroido;
- Negreira: feira de Santos;
- O Carballiño: días 16 e último de cada mes; a víspera se cae en domingo;
- O Foxo (concello da Estrada);
- Padrón: tódolos domingos; a máis importante era a da Páscoa, tamén coa presencia de cabalos;
- Parga, Guitiriz: o domingo entre o 9 e o 15 e mailo último dominos de mes; feira de cabalos;
- Pontevedra: a máis importante celebrábase o primeiro de marzo; ferramentas de labranza; cabazos que mercaban os mozos para meterse coas mozas;
- Ribadavia: os días 10 e 25; se son festivos, pasan ó día seguinte;
- Santiago: tódolos Xoves; as máis importantes eran as da Ascensión e o Apóstolo; nestas había cabalos; tamén polo San Marcos con moita venta de animais e apeiros;
- Verín: os días 3, 11 e 23; se son festivos, pasan ó día seguinte;
- Vila de Cruces: os días 4 e 11 de cada mes;
- Vilalba: feira do capón; 21 de decembro;
- Viana do Bolo: os días 13 e 28; se son festivos pasan ó 14 e ó 27;
- Xinzo de Limia: os días 14 e 27; se é festivo, pasa ó día anterior;
Nas feiras máis importantes había:
Cegos: que vendían colplas e cantaban historias de crimes;
Augadores: que vendían auga con zucre;
Churreiros;
Polbeiros;
As feiras tradicionais foron decaendo, aínda que algunhas delas estanse recuperando; xurdiron feiras novas en torno a productos concretos, algunhas xa con moito arraigo popular coma a Feira do Queixo, en Arzúa.
Actualmente estanse extendendo cada vez máis os Mercados Medievais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario