"Atender ós animais, recibir ós xornaleiros, á costureira, ó carpinteiro, reparar dos vellos ou dos enfermos, dispor o necesario para que o home da casa marchara a traballar eran algúns dos labores que tiñan prioridade sobre a preocupación polos nenos en idade escolar, ós que se lles consideraba capaces de sobrevivir por si mesmos.
"O máis habitual era darlles un anaco de pan e unha mazá para que os comeran polo camiño ou cando tiveran fame.
"A priorización que establecía a muller da casa no tocantes ás súas obrigas facía que, en moitos casos, os nenos das familias máis humildes estiveran máis atendidos que os das familias máis pudientes, porque estas tiñan moita máis facenda da que termar.
"O mesmo acontecía co absentismo escolar, a máis terras que cultivar e máis gando que atender máis absentismo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario