Para fende-la leña empregaban a macheta, o machado e un poio, un toro grande de madeira; fendíana en hachas grandes para almacenalas e despois fendelas noutras máis pequenas, segundo as necesidades.
Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
"Na nosa casa gastábase moita leña porque, despois de cear, sempre viñan algún viciños xogar ás cartas con miña avoa ou, simplemente, falar un anaco, xa que ela non podía saír da casa.
"Se, estando nunha casa allea, deixaban esmorecer o lume, entendíase que era o momento de despedirse e deixar a conversa para outro día...
Anllar: parte da cociña na que se colocaban as hachas, piñas e faísca que se podían consumir nun día para non ter que ir de noite buscar leña ó cuberto. Cada familia sabía máis ou menos a que precisaba e era labor dos nenos e dos vellos ó longo do día, pero ,sobre todo, á noitiña repoñela.
Garabullos: ramiñas secas que recollían os rapaces e que servían para prende-lo lume.
Manado: podía seer de leña, de verdura, etc.; cantidade que unha persoa podía acarrexar só coa axuda das súas propias mans; tamén se lle dicía "brazada";
Feixe: de leña, de herba, de repolo...; cantidade que unha persoa acarrexaba atada, poñéndoo na cabeza coa axuda dun molido se era muller e ó lombo se era home.
No hay comentarios:
Publicar un comentario