Ingredientes:
- Bacallaos, tamén chamados lirios (bacaladillas);
- Allo;
- Sal;
- Ovos batidos;
- Aceite de oliva
Elaboración:
Límpanse os bacallaos, quitándolles a cabeza e ábrense retirándolles as espiñas, por iso son unha boa alternativa para que os nenos empecen a comer peixe. A súa textura é soave ó paladar e a súa carne branca, pero hai que percurar que estén frescos porque se trata dun peixe delicado.
Adóbanse con sal e allo.
Rebózanse en fariña e ovo batido, frítense en aceite ben quente e sérvense acompañados de cachelos ou patacas ó vapor e ensalada.
Tamén se tomaban fríos, igoal que o bacallao rebozado, así que moitas veces formaban parte dos menús campestres.
Era un prato moi popular polo seu prezo asequíbel e de fáci preparación. Ademais os sardiñeiros sempre os levaban.
O seu cosumo decaeu recentemente por mor do anisakis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario