"Ás feiras íanse mercar productos que non vendían nas tabernas ou que se podían adquirir por un prezo máis módico ó haber máis competencia. Nas feiras releábase (regateo) e pagábase ó contado; tamén se vendía do mesmo xeito.
"Ademais do gando maior e menor, había calzado, teidos, ferramentas, nabiñas, froitas e froitos segundo a tempada. Ás de máis renombre pola cantidade de xente que acodía a elas e o volume das transacións, ían tamén comerciantes establecidos nas vilas próximas, que se desplazaban cos seus productos sabendo que "farían boa feira".
"Tamén acodían oleiros, polbeiros, churreiros, rosquilleiras, cegos coas súas historias de crimes, retratistas, saltimbanquis, titiriteiros e malabaristas, que mostraban as súas artes a cambio dunhas moedas; acordionistas e mendiños... Tampouco podían faltar os carteristas que, aproveitando aqueles postos nos que se aglomeraba a xente, tamén facían o seu negocio.
"Nalgunhas feiras había casetas, noutra todo o xénero se vendía en cestas, cestos ou sacos, colocados no chan; agrupábanse segundo os productos que ofertaban e tamén, pricipalmente as mulleres, polos lugares e procedencia, procurando poñerse xuntas as dunha mesma parroquia.
"Para is á feira as mulleres escollían a súa roupa (traxes de ir á feiras) as faltriqueiras para os cartos, que levaban atadas da cintura e agochadas debaixo do mandil.
"As mulleres de máis idade gostáballes ir á feira mercar os panos da cabeza, os do pescozo, as teas para as chambras e os mandís, despois de ceder " cesto da feira", verse coas coñecidas, ercar lambetadas, agasallos para os netos e lembrar os tempos nos que eran elas as que se ocupaban da administración familiar...
No hay comentarios:
Publicar un comentario