"A xente acomodábase como podía en dous niveis na parte superior sían ir os mozos, pero non era estrano ver tamén ás mulleres que acodían ós mercados coas súas cestas cargadas de ovos, polos, repolo, grelos, mazás... Tampouco era raro que algún mozo que ía en bicicleta se agarraba dalgún xeito ó vehículo para subir unha encosta, aínda que esta práctica estvera prohibida por perigosa.
"Tamén había uns vehículos mixtos, para transportar persoas e máis gando; a parte traseira, na que ían os animais, era completamente de madeira. Para meter e sacar o gando empregaban unha rampa feita con tablóns de madeira e unhas travesas para que os animais non esbararan. Era todo un espectáculo contemplar a habilidade coa que os tratantes facían que as vacas e os xatos subiran e baixaran das camionetas.
"A rampa podía ser portátil ou ser a parte posterior do camión, que por medio dunhas bisagras servía para pecha-lo recinto. Algúns estaban cubertos con toldos de lona, outros eran descobertos. Soían levar o chan estrado de palla, tanto para protexer ós animais de fracturas ou esguinces, coma para facilitar a limpeza do habitáculo.
"Os animais ían dentro suxeitos pola cordaa unhas argolas para que se moveran o menos posible, pois a estabilidade do camión non era moi grande. Para o transporte ó por maior entre localidades máis distante empregábase o ferrocarril...
No hay comentarios:
Publicar un comentario