martes, 21 de septiembre de 2010

A proba do casamento


Era costume que os noivos ou, máis ben a familia da noiva, xa que era esta a que pagaba a comida da voda, mandaran a proba do casamento ós familiares, amigos e viciños máis próximos que non acodiran ó convite.
Esta proba consistía antiguamente no mesmo menú que se servía no banquete, o máis común, carne asada e biscoito, rosca ou brazo de zigano.
Máis tarde, a proba pasou a consistir en doces e unhas racións de tarta nupcial.
A proba mandábase no mesmo día do casamento, directamente desde a casa da noiva ou desde o establecemento de hostelería onde se celebrara o xantar, por medio dalguén da familia ou por unha mandadeira.
Se os familiares ou amigos ós que se quería agasallar vivían lonxe e non era posible mandarlles a proba o mesmo día, eran os propios noivos, nas datas inmediatamente posteriores a voda, os que levaban a proba. Neste caso consistía somentes en doces (rosca, brazo de zigano...).
Se na familia dun ou doutro, incluídos os padriños do bautismo, había persoas de idade avanzada ou de loito recente, polo que non acodían ó convite, estaba moi mal visto que non lle mandaran a proba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario