jueves, 9 de septiembre de 2010

As feiras (3)


Ademais da importancia económica,as feiras eran un acontecemento social, un lugar de encontro entre persoas de distintas parroquias e de distintos concellos.
A elas acodían tamén personaxes curiosos, coma os retratistas, así as familias aproveitaban para facerse retratos para os Libros de Familia e tamén para enviarllas ós parentes na emigración; as mozas paa mandarllas ós mozos que estaban no Servizo Militar...
Outra figura que hoxe considerariamos pintoresca era a do périto, que en Galicia non hai que confundir co perito; era unha persoa (home) sen titulación, pero que tiña certos coñecementos de Dereito Civil e Mercantil e redactaba documentos de índole privada, de compra-venta, testamentos, donacións, préstamos, avales..., cobrando por este labor. Soía darse unha volta poa feira para deixarse ver e logo parar na taberna máis próxima por se algún paisano reclamaba os seus servizos.
Tamén había quen se adicaba a escribir cartas, a cambio dunhas moedas, a persoas que, por razóns de confidencialidade non requerían acodir a un familiar ou a un viciño. A súa clientela era preferentemente feminina, porque o analfabetismo afectaba máis ás mulleres que ós homes. A eles mandábanos máis á escola que a elas, outros pagábanse clases particulares ó saír de traballar porque non querían chegar ó Servicio militar sn saber ler nen escribir ou, xa máis tarde, para poder obter o Permiso de Conducir, os demais aprendían no Cuartel.

Os videntes:
Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
"Lo sabe todo, lo sabe todo", así anunciaban nas feiras e romerías a presencia dos "videntes". Soían ser unha parella, home e muller, pai e filla, irmáns...; ela dacía de vidente cos ollos vendados, mentres que el, controlandosempre a situación, xagaba o papel de intermediario entre a vidente e o cliente (millo deberiamos dicir "víctima), empregando unha serie de palabras clave que eran as que lle axudaban a "adiviñar" detalles da vida persoal ou familiar. Todo iso a cambio dunhas poucas moedas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario