O sistema de recollida de leña nos montes facía que estes estiveran limpos, que se poidera andar por eles ou atravesalos para atallar. Ademais da rentabilidade económica para os seus propietarios tiñan así unha rentabilidade para a comunidade.
"Apañar a faísca tiña a súa ciencia: había que angazala en sentido lonxitudinal para que os dentes do angazo a arrastraran. Soía empregar un angazo grande con dentes de madeira e mango proporcionado á altura da persoa para que resultara máis doado. Facíanse montóns, percurando que quedara toda a un mesmo xeito, logo poñíase a corda estirada no chan, doble, e íanse colocando sobor dela os montóns para face-lo feixe, que se ataba ben apretado tirando da corda coas dúas mans ó mesmo tempo que se presionaba co pé. As mulleres carrexaban o feixe na cabeza, protexendo o cabelo cun pano; os homes, que rara vez carrexaban a faísca, levaban o feixe ó lombo suxeitándoo con ámbalas dúas mans pola corda. O feixe, moi voluminoso, podía ter entre 80 e 90 cm de diámetro.
"A faísca gardábase nos pallotes ou nos cubertos, coidando sempre que estivera seca, porque senón non prendía...
No hay comentarios:
Publicar un comentario