sábado, 4 de septiembre de 2010

Cambio de hábitos


A comezos dos anos 60 houbo un importante fenómeno migratorio. O campo non precisaba tanta man de obra porque se estaba mecanizando pouco a pouco; os mozos que traballaban na agricultura envexaban ós que traballaban nas fábricas ou exercán un oficio, por estes tiñan un salario propio, días libres e vacacións, mentres que eles traballaban para o conxunto familiar, xa que seus pais ou mesmo os seus avós seguían sendo os propietarios das terras e os administradores da facenda.
As mulleres novas tiñan tamén, aínda que menos que os homes, algunha posibilidades de traballar, ademais do servizo doméstico, no incipiente comercio, nas fábricas de confección ou na casa para esas mesmas fábricas.
A esperanza de vida estaba aumentando e xa había familias nas que convivían tres xerazóns (avós, pais e fillos), cos conseguintes conflictos. Este non foi un feito menor á hora de decidir a algúns a buscar un medio de subsistencia nas vilas e cidades.

Fragmento dos diarios de Mariana Canabal:
"Cando unha familia chegaba a unha vecindade indagaba inmediatamente onde estaban a panadería, a carnicería, o ultramariños, etc. para aprovisionarse daqueles productos de consumo diario; a fonte máis próxima para procurarse auga potable, o horario do carteiro, da leiteira...
"O xeito máis habitual de informarse era a traverso dos viciños e, sobre todo, das viciñas, sempre máis predispostas elas a entablar relación cos recén chegados e tamén a curiosear nas súas vidas. As "víctimas" máis propicias eran as recén casadas que, separadas da súa familia e faltas de experiencia, confiábanse con facilidade...

No hay comentarios:

Publicar un comentario