Danse case todo o ano; a semente cae na terra de xeito natural, así que só é preciso sementalas a primeira vez.
Se nacen moi bastas, pódense trasplantar para que medren máis, xa que hai persoas ás que lle gostan tanto as follas coma as cañotas, estas rebozadas.
Recóllense folla por folla, segundo medran, e as prantas déixanse ata que secan para que se vaian renovando. Convén abonar a terra de vez en cando para mante-la producción e retirar as follas secas da parte inferior da pranta para que esta se ventile.
Resisten ben as baixas temperaturas e ata as xiadas, pero teñen un inimigo natural: os caracois. Para eliminalas de xeito ecolóxico pódense pulverizar as follas con auga na que tiveron a macerar uns dentes de allo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario