Mostrando entradas con la etiqueta acelgas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta acelgas. Mostrar todas las entradas

domingo, 31 de octubre de 2010

Revolto de acelgas

Ingredientes:
  • Acelgas;
  • Sal;
  • Aceite de oliva;
  • Ovos;
Elaboración:
Cócense as acelgas, follas e tallo, coidándose de quitarlle a estes as fías, cun pouco de sal.
Escúrrense ben e pícanse miudiño; saltéanse na tixola cun pouco de aceite e botáselle o ovo batido, removendo cunha culler da pau ata que o ovo se solidifica.

domingo, 5 de septiembre de 2010

Acelgas


Danse case todo o ano; a semente cae na terra de xeito natural, así que só é preciso sementalas a primeira vez.
Se nacen moi bastas, pódense trasplantar para que medren máis, xa que hai persoas ás que lle gostan tanto as follas coma as cañotas, estas rebozadas.
Recóllense folla por folla, segundo medran, e as prantas déixanse ata que secan para que se vaian renovando. Convén abonar a terra de vez en cando para mante-la producción e retirar as follas secas da parte inferior da pranta para que esta se ventile.
Resisten ben as baixas temperaturas e ata as xiadas, pero teñen un inimigo natural: os caracois. Para eliminalas de xeito ecolóxico pódense pulverizar as follas con auga na que tiveron a macerar uns dentes de allo.