Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
"Durante o verán facíase acopio de leña para o inverno. Os nenos ocupabamonos de recoller as piñas que estaban no chan, meténdoas nun cesto ou nun saco, segundo ó que tiveramos á man. Empezabamos recollendo por cerca da casa, para rematar pronto e poder xogar, pero cada día habí que ir máis lonxe. Podíanse coller a eito, sen ter en conta quen era o propietario do monte, xa que a ninguén lle parecía mal. de vez en cando golpeabamos algunha contra unha pedra para que soltara os piñóns que partiamos con outra pedra máis pequena para comer in situ.
"As piñas empregábanse para prender o lume, tanto na lareira coma na cociña bilbaína; cando era piñas resinosas que aínda non abriran ou estaba molladas porque chovera, metíanse no forno de facer o pan ou no forno da bilbaína para que secaran.
"No monte tamén se collían os fentos, tamén chamados fiunchos ou fieitos, que se empregaban para chamusca-lo porco na matanza, neste caso, secos; e tamén para estrar e facerlle a cama ós porcos; para isto tanto tiña que estiveran verdes coma secos. Apañábanse co fouciño e acarrexábanse en feixes. Era un traballo propio das mulleres.
"As mulleres, incluso de idade avanzada, ían tamén apañar faísca cun angazo (rastrelo); ían xuntando moreas para logo facer un feixe de grandes dimensións, xa que a faísca, se está seca, pesa moi pouco en proporción ó seu volume. Onde se atopaba a millor faísca era nos claros do monte, nos que non había toxos, nen fentos, que xa se recolleran para outros usos.
"A faísca empregábase para prende-lo lume na lareira.
"Os toxos cortábanse para estrar as cortes e tamén para quenta-lo forno; era un traballo dos homes que se realizaba coa axuda da fouce. Acarrexábanse co carro...
Adiviña:
Altos padres,
chicas madres,
hijos prietos;
blancos nietos.
(Solución: os pinos, as piñas e os piñóns)
No hay comentarios:
Publicar un comentario