jueves, 23 de septiembre de 2010

As uñas polo San Lázaro


A festa de San Lázaro celébrase o domingo anterior ó Domingo de Ramos.
San Lázaro era o avogado dos leprosos, por iso nalgunhas vilas as capelas adicadas a este santo foron construídas en lugares un pouco apartados do centro, aínda que, actualmente, por mor do crecemento das cidades están incorporadas ós conxuntos urbáns.
Perto das capelas estaan os lazaretos (centros de atención ós leprosos).
Os que acodían á misa no día do santo tiñan costume de levar como ofrenda uñas de porco que ó rematar a misa se poxaban, é dicir, que se vendían ó millor postor. O encargado de dirixir a poxa era o saristán; os cartos soían estar destinados a pagarlle ó crego e manter a capela e o lazareto.
Hai moitas formas de preparar as uñas, pero o tradicional era cocelas despois de poñelas a desalgar polo menos vintecatro horas, con patacas enteiras e aliñábanse despois con aceite de oliva e, se acaso, cun pouco de pemento picante.
Tamén se cociñaban con garabansos ó estilo dos callos; neste caso soían botarlle un chourizo desmenuzado e uns tacos de panceta e as típicas especies de callos. Neste caso as uñas soían partirse.


No hay comentarios:

Publicar un comentario