Tratante de vacas alleas:
Persoa que ía ás feiras mercar gando para revendelo inmediatamente con destino á recría, ós matadeiros ou á exportación fóra de Galicia para abastecer as grandes cidades (Madrid, Barcelona...).
Coma tódolos intermediarios, a súa consideración social era escasa, porque os gandeiros entendían que, sendo eles os que arriscaban o seu capital e poñían o seu traballo, debían ser tamén os que se quedaran cos beneficios; non comprendían que a capacidade de comercializar un producto é tan importante coma a capacidade de elaboralo ou procuralo.
Feireantes: Non só se lles di
cía así ós tratantes, senón tamén ás persoas ou amilias que tiñan por oficio o ir de feira en feira
mercando e vendendo os productos que demandaba a xente de cada lugar; moitos deles non eran galegos, había maragatos, ziganos e portugueses. Vendían panos finos de Béjar, calzado, sombreiros, reloxos, utensilios para o fogar, xaropes...
No hay comentarios:
Publicar un comentario