Retírate de la ventana,
no seas tan ventanera,
que la cuba del buen vino
no necesita bandera.
A copla ten, evidentemente, unha doble intención e descoñezo se algunha vez en Galicia houbo costume de indicar dalgún xeito a existencia de viño para vender ou tomar, fóra das tabernas, como ocorre nalgunhas localidades centroeuropeas, nas que se colocan ramos de loureiro nas portas ou nos balcóns para indicar tal cousa.
Non hai moito tempo unha informante afirmou que tiña ouvido dicir que a bandeira na ventá era o precedente do "farolillo rojo", así que enlazaría coa picardía da copla e explicaría cicais tamén o de "una mujer de bandera".
No hay comentarios:
Publicar un comentario