jueves, 9 de septiembre de 2010

As dádivas

"Hoxe comezamos a comer do noso porco", dicíalle unha muller ós seus fillos cando recibía dun viciño a proba da matanza, porque cando ela matara o seu tamén repartira unha boa parte del.

Ademais de compartir cos seus viciños, os paisanos galegos sentíanse tamén obrigados a ofrecer dádivas ós profesionais ós que acodían, ademais de pagarlles os seus honorarios, unhas veces en agradecemento polo trato recibido e outras para recibilo, de xeito que os productos maís preciados ían para ás casas destes profesionais privilexiados.
(¡Que actual soa todo isto!)

Fragmento dos diarios de Mariana Canabal:
"Matabamos dous porcos ó ano e non recordo na miña infancia ter probado unha loncha de xamón na miña casa. ¡Sempre había que reservados por se acaso!
...
"A mestra ó entra na escola ía poñendo as dádivas que lles levaran as nais das rapazas enriba da mesa (ovos, chiculate, galletas, botellas de aceite, latas de conservas...) ó mesmo tempo que dicía os nomes das nenas para que todas souberamos quen lle regalara cada cousa. A esas rapazas durate uns días non lles preguntaba a lección, nen lles pedía a libreta cos deberes, mentres que se "cebaba" con aquelas outras que non lle levaran nada porque non podían ou porque nono consideraban preciso ó tratarse dunha escola pública e ter a mestra o se salario de funcionaria.
"Eu era unha das habitualmente castigadas, pero non lle dicía nada a miña nai que, de seguro, se disgostaría, nen a miña avoa que era unha muller de carácter e principios firmes e non deixaría pasar o asunto coma se nada. Sabendo que os castigos non tiñan nada que ver co meu comportamento escolar, eu estaba tranquila.
"O mesmiño que cando, moitos anos máis tarde, algún membro do consello de dirección da empresa na que traballaba lle daba as grazas en público a outros empregados por ter recibido deles algún obsequio ou donativo. ¡Se á semán seguinte me sobrecargaban de traballo, xa sabía o motivo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario