"A sociedade comezaba a ser competitiva e era preciso dispor do mesmo tempo do que dispoñían os varóns para prepararse profesionalmente.
"O matrimonio xa non se consideraba coma un porvir seguro para a muller, que cada vez era máis consciente da súa propia identidade. Nestas novas petensións, as mozas sentíanse apoiadas polas nais, que sofriran en carne propia a dependencia legal e económica dos seus homes. Os labores domésticos e a cociña en particular eran daquela un dos símbolos da sumisión feminina.
"Por outra banda, unha meirande preocupación pola propia imaxe e o rexeitamento do sobrepeso como modelo estético facían tamén que a cociña tradicional, rica en graxas e hidratos de carbono, fora relegadas ás reunións familiares e ás celebracións festivas e simplificándose cada vez máis no cotiá.
"Houbo que agardar a mediados dos 80, cando os nutricionistas puxeron en valor os efectos da dieta mediterránea (no caso galego, atlántica) sobre a saúde e a lonxevidade para que o feito de cociñar fora considerado coma un valor cultural e social nada despreciable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario