miércoles, 8 de septiembre de 2010

As fabas secas


Tamén lles dicían hervellas.
Aínda que consumiran algunhas fabas verdes para facer un guiso, a meirande parte das fabas que producían estaban destiñadas ó caldo (secas).
Cando as cornellas estaban completamente secas, debullábanse, un labor que soían facer ós poucos as mulleres de máis idade da familia, unhas veces, fóra, á tardiña, sentadas ó abrigo, outras na cociña, pola noite, depois de cear e mentres os homes botaban unha partida de cartas e as mulleres máis novas se ocupaban doutros labores.
Despois de debulladas, peneirábanse co cribo e retirábanse as que quedaban por enriba porque "estaba focas". As outras metíanse en sacos ou nunha hucha, sempre nun lugar seco; ás veces poñíanse unhas follas de loureiro para que se conservaran millor, xa que debian durar ata a tempada seguinte.
As vainas aproveitábanse para facer abono.

No hay comentarios:

Publicar un comentario