sábado, 4 de septiembre de 2010

Da miña bitácora

Prefiro seguir empregando o cuaderno de campo en lugar da cámara de video, aínda que ocasionamente recurra á fotografía, pero as testemuñas falan con máis libertade e naturalidade sen a cámara polo medio.

A estilográfica, de émbolo se é posible, aínda que se quede sen tinta cando menos o esperas, e o lapis de carpinteiro son os útiles máis habituais que levo sempre conmigo, pero non descarto calquera outro que á man veña, así coma o papel de desfeita, porque é n xeito de darlle un segundo uso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario