viernes, 10 de septiembre de 2010

Os Diarios de Mariana Canabal


"As familias máis humildes non tiñan problemas para facer acopio de leña: as piñas, a faísca, os candenlos (ramas secas dos pinos), as cachopas (parte baixa das árbores que quedaban cando estas se cortaban), mesmo os pinos secos que unha persoa poidera cortar coa macheta (se precisaba serra ou a axuda doutra persoa para facelo co machado, non) e os restos das derramas que quedaban no monte podíaos coller calquera, con independencia de que estiveran en montes comunais ou particulares.
"A leña que se obtiña desde xeito había que acarrexaa total ou parcialmente coa propia forza, pois o que non se podía facer era meter o carro nos montes. Tampouco se podían deteriorar os roleiros e os balos, había que saltar por riba deles para recoller a leña, botala por riba do balado e recollela de novo.
"O incumprimento destas normas non escritas convertía o feito de recoller a leña dos montes de propiedade particular nun roubo.
"Se alguén non quería que collesen leña das súas chouzas, non tiña máis que face-los balos máis altos. Se tiñan cancelos con pestillo tampouco se lle entraba na chouza. Pero estes atrancos eran interpretados coma unha renuncia á participación na vida comunitaria e estes viciños quedadan apartados do sistema de rogas co que se realizaban algunhas faenas agrícolas...

A leña e a solidariedade veciñal:
"Cando a unha familia lle acontecía unha disgracia, coma ter unha persoa enferma ou accidentada, os viciños poñíanse dacordo para levarlle un carro de leña dos seus propios montes ou dos comunais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario