viernes, 17 de septiembre de 2010

Xudías con xamón

Ingredientes:
  • Xudías verdes;
  • Unha pataca;
  • Unha cebola mediana;
  • Xamón serrano;
  • Aceite de oliva;
  • Sal;
Elaboración:
Córtase a pataca en dados e ponse a cocer nunha cazola coas xudías verdes, a cebola partida pola metade e o sal.
Ponse un choro de aceite de oliva na tixola e sáltease o xamón cortado en taquiños.
Cando as xudías estén cocidas escúrrense ben e bótase o xamón e o aceite por enriba.
Pode misturarse xamón e panceta ou panceta e chourizo.

Variante:
Hai quen pon o xamón, a panceta ou o chourizo a cocer coa pataca e as xudías e logo prepara unha allada na tixola para btarlla por riba.
¡Fagan a proba e notarán a diferencia!

No hay comentarios:

Publicar un comentario