jueves, 2 de septiembre de 2010

Os Diarios de Mariana Canabal


"Nas aldeas, as mulleres aprendían a facer de comer cando ían casar, porque na maioría das casas había varias mulleres e o seu traballo era necesario nas leiras, na atención ós animais, para acarrexar a auga e a leña... Prepara-la comida era un labor reservado ás mulleres máis vellas; a muller que cociñaba tiña un status superior ó do resto das mulleres da familia e, sobre todo se a familia era extensa, estaba exenta de participar nos labores agrícolas.
"Outras apredían a cociñar nas casas nas que servían e asimilaban os costumes das "súas señoras".
"As que casaban para a casa do home non asumían esta responsabilidade mentres poidera facelo a sogra, así que, na maoría dos casos, aínda tiñan tempo de aprender adaptándose os costumes da súa nova familia...

No hay comentarios:

Publicar un comentario