"Acostumaban os homes pasar pola taberna tomar unha taza de viño, non importaba que o tiveran na casa da súa propia colleita, e convidar a unha ronda ós que estiveran alí.
"Os máis novos tomaban unha taza, pagaban e marchaban para cear, lavarse, barbearse, muda-la roupa de traballo e marchar par "ir ás mozas".
"Os casados encargábanlle ó taberneiro unha tortilla ou un poco de xamón e queixo para compartir mentres xogaban unha partida ó dominó ou ás cartas, ó millor ata altas horas da madrugada...
"Nalgunhas tabernas tamén preparaban pezas de caza (coellos, lebres, perdices...) para tomar unha pandilla de amigos e mailo taberneiro. Moitas mulleres negábanse a preparar as carnes de caza, non tanto porque non souperan facelo, senón para mostrarlle ó home a súa desaprobación á práctica da caza, porque xa o di o refrán: "home cazador e troiteiro, nen boa meda, nen bo palleiro"...
No hay comentarios:
Publicar un comentario