viernes, 24 de septiembre de 2010

Feiras versus mercados

As feiras caracterízanse pola súa celeración discontinua, unha ou duas veces ó mes en días previamente sinalados; só nas vilas de certa importancia, coma Santiago de Compostela, por exemplo, teñen carácter semanal. Pola contra os mercados celébranse a diario, agás os domingos e festivos nalgunhas localidades.
En alicia as feiras van sempre asociadas á presencia do gando maior, bobino e/ou equino, porcino e, en menos roporción, ovino ou caprino, mentres que nos mercados só se vendían aves e coellos. Actualmente nos mercados está prohibida a venda e animais vivos por cuestións sanitarias.
Os vendedores dos mercados teñen unha meirande estabilidade, xa que non só comercian cos productos que eles mesmos cultivan ou crían; mentres que os das feiras están suxeitos ás tempadas e ás colleitas.
O concepto de "mercadillo" xurde nos anos 70, cando as autoridades deciden regular a venta de productos non alimentarios (tecidos, roupa e calzado, principalmente) por parte de vendedores ambulantes de etnia romaní, tamén coma unha fórmula de integración deste grupo de poboación.
Nos mercadillos galegos, entendidos en sentido estricto, non se permite a venta de productos alimenticios, agás cicais, churros para consumir in situ.
"O Corte Inglés" é nome popular que recibe algúns dos nosos mercadillos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario