"De vez en cando, traíanos unhas ducias de ovos e maila proba do porco cando mataba (chicharróns, un anaco de touciño e parte do raxo) para amosarnos o seu agradecemento. Desde o ponto de vista económico era un mal negocio para ela, pero servíalle de disculpa para seguir en contacto coas súas antiguas viciñas...
Mostrando entradas con la etiqueta opinión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta opinión. Mostrar todas las entradas
viernes, 22 de julio de 2011
Os Diarios de Mariana Canabal
"Gardabamo-lo pan reseso para unha muller que fora viciña durante un tempo e logo marchara para as aforas. Como alí tiña horta, prantaba verdura e no soto da casa criaba porcos, galiñas e coellos para axudar á economía familiar. Viña recoller o pan unha vez por semán, case sempre os vernes. Ó principio só llo gardabamos nós, pero logo comezaron a facelo outras viciñas.
Etiquetas:
diarios de mariana Canabal,
opinión,
pan
jueves, 30 de diciembre de 2010
Os Diarios de Mariana Canabal

"Nas aldeas ós xornaleiros dábaselles a mesma comida ou, incluso, millor que a que tomaba a familia da casa.
"Á hora do almorzo soían separarse por xénero; os homes tomaban café de pota e unha copa de augardente cun anaco e pan; as mulleres tomaban cascarilla, leite ou caldo;
"As once tomábanas todos xuntos, xornaleiros e propietarios, no campo ou veiga na que estiveran traballando: pan de molete, touciño curado, chourizos, bacallao rebozado, queixo..., e bebían viño. Unha das mulleres a casa encargábase de levalo todo nun cesto o nunha cesta, segundo a cantidade que fora precisa e no seu debido tempo.
"O xantar tamén ra compartido; se eran moitos e non había sitio dabondo para todos na cociña ou se era tempo de moita calor, improvisaban unhas mesas debaixo da viña ou nun cuberto para os xornaleiros e xornaleiras e con eles comían os homes da casa; noutros casos dividíanse por xéneros e as mulleres, tanto da familia coma xornaleiras, permañecían dentro da casa, mentres que ós homes servíaselles fóra.
"Se se trataba de costureiras, xastres, carpinteiros, tecelás, zoqueiros..., dábanlle, ademais das millores talladas que tiveran para a familia, ovos e chourizos fritidos ou tortilla de patacas con torreznos de touciño.
"Ós criados e criadas, salvo contadas excecións, tampouco os soían desprezar á hora de comer, porque sabían ue, para realizar os traballos que requerían un considerable esforzo físico, debían estar ben mantidos. Por outra banda, escatimarlle a comida ós criados e criadas estaba mal considerado socialmente...
Pola contra, nas vilas e cidades, segundo os testimonios doutros informantes, non sempre se lles daba un trato equiparable ó da familia e o feito de non sentalos á mesma mesa na que comía esta, con independencia de que os manxares foran os mesmos ou non, constituía unha sorte de humillación para os que estaban acostumados ós usos rurais.
Etiquetas:
diarios de mariana Canabal,
opinión
viernes, 26 de noviembre de 2010
A cuestión lingüística
Con frecuencia os galegofalantes empregan refráns, ditos e expresións en lingua castelá e
viceversa, os que falan habitualmente castelá empregan expresións en lingua galega.
viceversa, os que falan habitualmente castelá empregan expresións en lingua galega.En xeral e se non hai prexuizos polo medio, o obxectivo é a comunicación, calquera que sexa o medio empregado.
jueves, 25 de noviembre de 2010
Os pratos combinados
O prato combinado é un prato único que leva diferentes productos cociñados independentemente uns dos otros. Foi un menú típio estudiantil, acompañado dunha sobremesa e un café, desde comezos do 70 ata ir perdendo importancia pouco a poco fronte ós menús a finaisdo século XX.
Os pratos combinados permitían ós establecementos hosteleiros facer unha ofertamoi amplia, polo menos aparentemente, traballando un número reducido de productos (patacas, ovos, raxo, pescada conxelada, calamares, leituga, tomate, espárragos...), prácticamente todoseles fritidos.
Foi precisamente o abuso das frituras e máis concretamente a reutilización dos aceites de fritir unha das cauasas a decadencia dos pratos combinados, porque, ó final, os productos perdían o seu sabor propio para adoptar un sabor indefinido, que podiamos calificar simplemente de "fritido".
O colectivo estudiantil, principal consumidor dos pratos combinados, mudou s seus hábitos: facendo eles mesmos a comida buscando unha meirande economía ou optando polos menús baratos da cociña tradicional, na percura de sabores máis naturais.
lunes, 15 de noviembre de 2010
Os trastornos alimenticios
Se ata hai 50 anos a preocupación das familias galegas era acadar alimentos suficientes para atender ás súas necesidades, hoxe son outras as preocupacións vencelladas coa alimentación. Entre elas o sobrepeso, debido ó efecto combinado da inxesta excesiva de graxas e zucre co sedentarismo, e que afecta a unha porcentaxe importante da nosa poboación e dun xeito cicais máis alarmante ós nosos ecolares.
A anorexia, que se manifesta cada vez a idades máis tempranas e que xa afecta tamén a un número importante de nenos e xoves e non só á poboación feminina.
A bulimia, que se presenta en moitos casos asociada ó estrés.
O abuso de alimentos funcionais, que tenden a transformar o feito de comer nun acto terapéutico.
As dietas para adelgazar que pasan de boca en boca sen a supervisión profesional axeitada, o consumo de anabolizantes e outros productos ofrecidos por algúns ximnasios ou centros de beleza...
viernes, 29 de octubre de 2010
Festas gastronómicas

Nos últimos decenios a gastronomía pasou de ser un elemento das festas a convertirse no principal protagonista dalgunhas delas baixo a denominación de "festas" ou "feiras" de tal ou cual producto ou prato dunha localidade concreta. Unha das máis antigas e arraigadas é a "Feira do queixo", en Arzúa (primeiro domingo de marzo), e unha das que reúnen máis cantidade de público a "Festa do cocido", en Lalín.
Pero hai moitas máis:
- Festa do caldo de ósos, en Taboada (Lugo);
- Feira do capón, en Vilalba (Lugo);
- Festa do cocido, en Lalín (Pontevedra);
- Festa da filloa, en Lestedo, Boqueixón (A Coruña); na Baña (A Coruña)
- Festa da lamprea, en Arbo (Pontevedra);
- Festa do marisco, no Grove (Pontevedra);
- Festa do polbo, no Carballiño (Ourense);
- Feira do queixo, en Arzúa (A Coruña);
- Festa da troita e do escalo, en Sigüeiro (A Coruña);
- Feira do viño, en Chantada (Lugo); o primeiro de novembro;
Celébranse ó longo de todo o ano, coincidindo coa época na que o producto está en comida. Son unha ocasión para coñecer os nosos productos e as receitas, tanto as tradicionais, coma as máis novidosas. Teñen coma obxectivo a promoción económica, a atracción turística e son sempre un bo motivo para reunirse con amigos e coñecidos, pois todeas elas combinan a exposición, consumo e venta do producto protagonista da festa con outras actividades lúdicas (grupos de baile e música tradicional ou popular, consursos...).
"Lentejas, o las tomas o las dejas"
Nos anos 60 as familias comezaron a preocuparse polas propiedades nutritivas dos alimentos, unha vez que a pantasma da fame se alonxaba. As nais tentaban de introducir na dieta dos seus fillos productos, o máis das veces foráneos, que remediaran as carencias que elas mesmas sofriran.
Neste grupo de productos atopábanse as espinacas, os plátanos e o Colacao, todos eles apoiados por importantes campañas publicitarias na recén chegada televisión, dos que aínda agora a xente garda memoria; e tamén as lentellas.
Moitos rapaces non tomaban as lentellas con agrado, entre outros motivos porque, ó non seren un producto cunha tradición culinaria na nosa terra, algunhas nais nonas preparaban axeitadamente, senón "viúvas", só cunha allada.
En canto ós adultos, algúns sentían prexuízos coma consideralas "comida de pobres", xa que non levaban talladas.
Hoxe son un prato habitual na mesa das familias galegas.
O consumo de espinacas estaba apoiado polos debuxos animados de "Popeye el marino"; o de plátanos pola campaña do Ministerio de Agricultura para favorecer o consumo de productos de Canarias, e o de Colacao por unha pegadiza melodía (aínda hai hoxe quen lembra a canción completa).
Etiquetas:
hábitos alimenticios,
lentellas,
opinión
lunes, 11 de octubre de 2010
Os mercados medievais

Unha variante actual das feiras son os chamados "mercados medievais", que se celebran en diferentes localidades da xeografía galega, nuns casos como algo espcífico e noutros como complemento das feiras anuais tradicionais ou coincidindo coas festas patronais.
Un dos atractativos destes mercados, segundo os nosos informantes, é o feito de que os postos de venta aparecen decorados e os vendedores ataviados ó estilo da época, creando un ambiente curioso que racha coa habitual rutina.
Outros destacan como interesante a observación de útiles e ferramentas necesarios para elaborar algúns dos productos que se ofertan, así como o traballo dos artesanos cara ó público, nos postos de cestería, fabricación de xoguetes, encuadernación, talabartería, tecido e outros labores do liño, instrumentos musicais, oleiros, canteiros, etc.
Persoalmente resúltanme interesantes as demostracións de cetrería, arte desaparecido no noso país hai moito tempo; as coleccións de pedras semipreciosas e as alfaias feitas con elas, que soen acompañarse de pequenas explicacións sobre cada unha das pedras, as súas características e as propiedades que lles eran atribuídas na época medieval; tamén os instrumentos de medida empregados nalgúns postos.
Abondan nestes mercados e gozan de gran aceptación por parte do público distintas variedades de pan (con noces, piñóns...), galletas e doces, algúns con froitos silvestres, que actualmente só poderíamos atopar a diario nalgúns países do centro e do norte de Europa, xa que por seren exclusivos das culturas sefardís e árabe, perdéronse a partires do século XVI para nós.
Todos estes productos conviven con outros que nos resultan totalmente cotiáns, como os churros, o polbo ou o churrasco.
REspecto á venta destes productos nos mercados medievais os informantes manteñen diferentes opinións; en xeral consideran que o seu prezo é excesivo en comparación co dos mesmos productos vendidos ou servidos nos establecementos tradicionais; non lle ofrecen garantías hixiénicas suficientes, sobre todo no tocantes ó lavado da vaixela; finalmente, hai quen os considera unha competencia desleal para os establecementos da zoa.
martes, 28 de septiembre de 2010
O interés pola cociña
Actualmente existe un gran interés pola cociña en tódalas súas vertientes, alimenticias e gastronómicas, ecolóxicas, económicas e culturais (que comemos, como comemos, canto comemos...) e por parte de tódolos grupos de poboación: homes, mulleres, xóvenes, adultos e maiores.
A este feito non alleos os medios de comunicación, nen a popularidade acadada por algúns cociñeiros e cociñeiras, convertidos en fenómenos mediáticos. Proliferan os programas de radio, TV e mesmo as canles exclusivamente adicadas á arte culinaria, os blogs, videos e páxinas na rede.
Pero hai tamén outros factores que merecen ser tomados en consideración:
- A cociña, o feito de cociñar, que non é o mesmo que o feito de comer, descóbrese coma un ha arte que produce satisfaccións á práctica da pintura ou as artes plásticas en xeral; teñen en común os aspectos creativos, o compartir e intercambiar saberes e emocións; detrás de cada cociña está toda unha tradición cultural que merece a pena analizar e, no se u caso, conservar.
- A importancia da alimentación na saúde: nas escolas, hospitais e residencias de persoas maiores os menús están coidadosamente estudiados desde o ponto de vista nutricional, non tasnto cicais desde o cultural. A preocupación polo que comen os nenos nas escolas chega inclusive ata o Ministerio de Sanidade.
- O consumo de productos artesanais recupérase frente ó de productos industriais.
viernes, 24 de septiembre de 2010
Hábitos de compra (6)
Falar do sistema de "troco" pode dar lugar a equívocos e somellar un sistema primitivo. Nada máis lonxe da realidade; o troco ó que nos referimos non ten nada que ver co que practicaron os españois e tamén podería dicir portugueses ou franceses, cos pobos indíxenas de América, África ou Asia, senón que era un sistema absolutamente moderno, potsmoderno ou global, por empregar termos actuais.
Os nosos devanceiros practicaban a nivel individual e familiar o que hoxe fan os
A moeda non é máis que un referente na medida das transacións.
Feiras versus mercados
As feiras caracterízanse pola súa celeración discontinua, unha ou duas veces ó mes en días previamente sinalados; só nas vilas de certa importancia, coma Santiago de Compostela, por exemplo, teñen carácter semanal. Pola contra os mercados celébranse a diario, agás os domingos e festivos nalgunhas localidades.
En alicia as feiras van sempre asociadas á presencia do gando maior, bobino e/ou equino, porcino e, en menos roporción, ovino ou caprino, mentres que nos mercados só se vendían aves e coellos. Actualmente nos mercados está prohibida a venda e animais vivos por cuestións sanitarias.
Os vendedores dos mercados teñen unha meirande estabilidade, xa que non só comercian cos productos que eles mesmos cultivan ou crían; mentres que os das feiras están suxeitos ás tempadas e ás colleitas.
O concepto de "mercadillo" xurde nos anos 70, cando as autoridades deciden regular a venta de productos non alimentarios (tecidos, roupa e calzado, principalmente) por parte de vendedores ambulantes de etnia romaní, tamén coma unha fórmula de integración deste grupo de poboación.
Nos mercadillos galegos, entendidos en sentido estricto, non se permite a venta de productos alimenticios, agás cicais, churros para consumir in situ.
"O Corte Inglés" é nome popular que recibe algúns dos nosos mercadillos.
martes, 21 de septiembre de 2010
A proba do casamento

Era costume que os noivos ou, máis ben a familia da noiva, xa que era esta a que pagaba a comida da voda, mandaran a proba do casamento ós familiares, amigos e viciños máis próximos que non acodiran ó convite.
Esta proba consistía antiguamente no mesmo menú que se servía no banquete, o máis común, carne asada e biscoito, rosca ou brazo de zigano.
Máis tarde, a proba pasou a consistir en doces e unhas racións de tarta nupcial.
A proba mandábase no mesmo día do casamento, directamente desde a casa da noiva ou desde o establecemento de hostelería onde se celebrara o xantar, por medio dalguén da familia ou por unha mandadeira.
Se os familiares ou amigos ós que se quería agasallar vivían lonxe e non era posible mandarlles a proba o mesmo día, eran os propios noivos, nas datas inmediatamente posteriores a voda, os que levaban a proba. Neste caso consistía somentes en doces (rosca, brazo de zigano...).
Se na familia dun ou doutro, incluídos os padriños do bautismo, había persoas de idade avanzada ou de loito recente, polo que non acodían ó convite, estaba moi mal visto que non lle mandaran a proba.
sábado, 18 de septiembre de 2010
O consumo de pasta
Tanto os macarróns, coma os fideos e o cuscús formaban parte da axuda do Goberno americano que recibían as familias máis humildes, pero as patacas seguían sendo a basa da alimentación da poboación galega.

Na popularización da pasta, ó meu entender, influíron factores tales como:
- A televisión; nas películas americanas e italianas (lembremos que o cine italiano tivo un gran éxito nos anos 60 e 70) os protagonistas comían pasta; os anuncios publicitarios de determiñados productos mostraban pratos de pasta moi apetecibles;
- Os emigrantes que viñan pasar as súas vacacións ou que retornaban viñan afeitos a comer pasta nos países que os acolleran, tanto iberoamericanos coma europeos;
- Os nenos comíana sen dificultade, preferíndoa ó peixe ou ás verduras;
- O seu módico prezo era un incentivo para as amas de casa e as mulleres aprenderon novos xeitos de preparala, máis condimentada e menos caldosa;
Os máis reacios a consumir pasta eran os homes de máis idade, que seguían preferindo o caldo; as mulleres, aínda que foran vellas, sempre se adaptaron millor ós cambios. Hoxe a meirande parte das persoas, principalmente os máis novos, consumen pasta varias veces por semán.
viernes, 17 de septiembre de 2010
A vara do gando

A vara do gando era o símbolo dos tratantes, pero tamén o cabeza de familia. O pai pasáballe a vara do gando ó fillo ou, mens frecuentemente, ó xenro ou ó neto, para in dicar que, a partires dese momento, serían os que se ocuparían do coidado e administració da facenda.
Este feito ten a súa correspondencia feminina na cesión do cesto da feira por parte da muller da casa á filla,nora ou neta, que se ocuparán no sucesivo da administración familiar.
viernes, 10 de septiembre de 2010
Á ganancia
Era un sistema de copropiedade no mundo rural galego, practicamente desaparecido nos anos 60. Empregábase fundamentalmente coas vacas e moi ocasionalmente cos porcos. Consistía no seguinte:
Unha familia humilde chegaba a un trato cunha familia pudiente: esta entregáballe un xato ou, máis frecuentemente, unha xuvenca (ou dúas, tres ou máis) que a outra se encargaba de manter e coidar repartindo a medias as ganancias (o importe da venta, as crías que tivera...). O propietario das vacas tiña dereito a velas de vez en cando para controlar o seu engorde e era quen dicidía o intre de vendelas.
Evidentemente, este sistema favorecía ós que dispoñían de capital, que o ían acrecentando deste xeito practicamente sen esforzo; por iso só recorrían a este sistema de copropiedade as familias máis desfavorecidas, as que perderan a súa propia facenda por mor dunha disgracia familiar (unha longa enfermidad ou un accidentee, por exemplo), as viúvas con fillos pequenos e as nais solteiras sen recursos.
jueves, 9 de septiembre de 2010
Quita-lo apetito
Os nosos devanceiros coidaban que certos comportamentos reducían puntualmente ou dun xeito máis permanente a ansia de comer.
Reducían ocasionalmente o apetito:
- A auga e a froita inxeridas antes de comer;
- Picar, picotear;
- Beber en exceso durante a comida, calquera que sexa a bebida;
- Inxerir pan pouco antes de comer;
- Inxerir golosiñas e productos doces;
- Variar os horarios das comidas e do sono;
- Facer de comer;
- Matar ou limpar un animal que se vai comer logo;
- Despois de pasada a hora de comer habitualmente;
Reducíano de xeito máis prolongado no tempo:
- A desnutrición e as carencias vitamínicas;
- Inxerir vinagre ou zume de limón en cantidades importantes;
- Tomar un mesmo producto durante varios días seguidos;
- Os estados de depresión ou malenconía;
- O embarazo;
Esta expresión tamén se emprega no sentido metafórico: "quita o apetito" dise dun mozo ou dunha moza fisícamente atractivos.
Perde-lo apetito: non ter ganas de comer;
As dádivas
"Hoxe comezamos a comer do noso porco", dicíalle unha muller ós seus fillos cando recibía dun viciño a proba da matanza, porque cando ela matara o seu tamén repartira unha boa parte del.
(¡Que actual soa todo isto!)
Fragmento dos diarios de Mariana Canabal:
"Matabamos dous porcos ó ano e non recordo na miña infancia ter probado unha loncha de xamón na miña casa. ¡Sempre había que reservados por se acaso!
...
"A mestra ó entra na escola ía poñendo as dádivas que lles levaran as nais das rapazas enriba da mesa (ovos, chiculate, galletas, botellas de aceite, latas de conservas...) ó mesmo tempo que dicía os nomes das nenas para que todas souberamos quen lle regalara cada cousa. A esas rapazas durate uns días non lles preguntaba a lección, nen lles pedía a libreta cos deberes, mentres que se "cebaba" con aquelas outras que non lle levaran nada porque non podían ou porque nono consideraban preciso ó tratarse dunha escola pública e ter a mestra o se salario de funcionaria.
"Eu era unha das habitualmente castigadas, pero non lle dicía nada a miña nai que, de seguro, se disgostaría, nen a miña avoa que era unha muller de carácter e principios firmes e non deixaría pasar o asunto coma se nada. Sabendo que os castigos non tiñan nada que ver co meu comportamento escolar, eu estaba tranquila.
"O mesmiño que cando, moitos anos máis tarde, algún membro do consello de dirección da empresa na que traballaba lle daba as grazas en público a outros empregados por ter recibido deles algún obsequio ou donativo. ¡Se á semán seguinte me sobrecargaban de traballo, xa sabía o motivo!
As feiras (3)

Ademais da importancia económica,as feiras eran un acontecemento social, un lugar de encontro entre persoas de distintas parroquias e de distintos concellos.
A elas acodían tamén personaxes curiosos, coma os retratistas, así as familias aproveitaban para facerse retratos para os Libros de Familia e tamén para enviarllas ós parentes na emigración; as mozas paa mandarllas ós mozos que estaban no Servizo Militar...
Outra figura que hoxe considerariamos pintoresca era a do périto, que en Galicia non hai que confundir co perito; era unha persoa (home) sen titulación, pero que tiña certos coñecementos de Dereito Civil e Mercantil e redactaba documentos de índole privada, de compra-venta, testamentos, donacións, préstamos, avales..., cobrando por este labor. Soía darse unha volta poa feira para deixarse ver e logo parar na taberna máis próxima por se algún paisano reclamaba os seus servizos.
Tamén había quen se adicaba a escribir cartas, a cambio dunhas moedas, a persoas que, por razóns de confidencialidade non requerían acodir a un familiar ou a un viciño. A súa clientela era preferentemente feminina, porque o analfabetismo afectaba máis ás mulleres que ós homes. A eles mandábanos máis á escola que a elas, outros pagábanse clases particulares ó saír de traballar porque non querían chegar ó Servicio militar sn saber ler nen escribir ou, xa máis tarde, para poder obter o Permiso de Conducir, os demais aprendían no Cuartel.
Os videntes:
Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
"Lo sabe todo, lo sabe todo", así anunciaban nas feiras e romerías a presencia dos "videntes". Soían ser unha parella, home e muller, pai e filla, irmáns...; ela dacía de vidente cos ollos vendados, mentres que el, controlandosempre a situación, xagaba o papel de intermediario entre a vidente e o cliente (millo deberiamos dicir "víctima), empregando unha serie de palabras clave que eran as que lle axudaban a "adiviñar" detalles da vida persoal ou familiar. Todo iso a cambio dunhas poucas moedas...
sábado, 4 de septiembre de 2010
Cambio de hábitos

A comezos dos anos 60 houbo un importante fenómeno migratorio. O campo non precisaba tanta man de obra porque se estaba mecanizando pouco a pouco; os mozos que traballaban na agricultura envexaban ós que traballaban nas fábricas ou exercán un oficio, por estes tiñan un salario propio, días libres e vacacións, mentres que eles traballaban para o conxunto familiar, xa que seus pais ou mesmo os seus avós seguían sendo os propietarios das terras e os administradores da facenda.
As mulleres novas tiñan tamén, aínda que menos que os homes, algunha posibilidades de traballar, ademais do servizo doméstico, no incipiente comercio, nas fábricas de confección ou na casa para esas mesmas fábricas.
A esperanza de vida estaba aumentando e xa había familias nas que convivían tres xerazóns (avós, pais e fillos), cos conseguintes conflictos. Este non foi un feito menor á hora de decidir a algúns a buscar un medio de subsistencia nas vilas e cidades.
Fragmento dos diarios de Mariana Canabal:
"Cando unha familia chegaba a unha vecindade indagaba inmediatamente onde estaban a panadería, a carnicería, o ultramariños, etc. para aprovisionarse daqueles productos de consumo diario; a fonte máis próxima para procurarse auga potable, o horario do carteiro, da leiteira...
"O xeito máis habitual de informarse era a traverso dos viciños e, sobre todo, das viciñas, sempre máis predispostas elas a entablar relación cos recén chegados e tamén a curiosear nas súas vidas. As "víctimas" máis propicias eran as recén casadas que, separadas da súa familia e faltas de experiencia, confiábanse con facilidade...
Etiquetas:
diarios de mariana Canabal,
opinión
jueves, 2 de septiembre de 2010
Malos hábitos
Ademais das carencias nutricionais por mor da carencia de alimentosen determiñadas épocas do ano, a dieta tradicional galega estaba "contaminada" por unha serie de hábitos pouco recomendables:
- En xeral, a dieta era monótona;
- Abusábase do sal e das graxas animais;
- Consumíase alcohol en exceso;
- Bebíase o leite sen ferver e sen nengún tipo de control sanitario;
- O gando non estaba saneado;
- Inxeríanse escasas cantidades de pescado, de froita e de productos lácteos;
Pero a pesares de todo isto, a poboación galega, principalmente as mulleres, acadan unha gran lonxevidade, unha das máis altas do mundo, feito que cuestiona a tese de que a dieta por si soia sexa determiñante para acadar unha longa esperanza de vida.
En todo caso, a vida ó aire libre, a actividade física, a ausencia de estrés e o consumo de productos naturais, sen hormonas nen conservantes, segundo a miña opinión, paliaban en parte os efectos nocivos destes malos hábitos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)