Mostrando entradas con la etiqueta ditos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ditos. Mostrar todas las entradas

domingo, 5 de diciembre de 2010

"Andar coma o porco de San Antonio"

Dise dunha persoa, principalmente dun vello ou dun neno, que sobrevive sen que ninguén lle preste atención, indo un lugar a outro, recibindo algún sustento de xeito caritativo.
A orixe do dito provén do costume de mercar un porquiño qu se mantiña de forma comunitaria para poxalo logo coa finalidade de obter cartos para a organización das festas patronais.
San Antonio é un santo moi popular en Galicia, a el ofrecíanlle esmolas cando lles enfermaba un aimal e tamén lle pregaban para facer una boa venda cando o levaban á feira.
A tradición popular en torno San Antonio faino casamenteiro, protector dos animais (neste caso por unha posible asimilación con San Antonio Abade -San Antón-), avogados dos pobres e ó que se acode para aopa-los obxectos perdidos.
San Antoniño,
dádeme un home,
anque me mate,
anque me esfole
cantaba Rosalía de Castro facéndose eco do sentir popular.

sábado, 4 de diciembre de 2010

"Estar coma o porco no cortello"

Dise cando unha persoa ten a súa liberdade limitada, por mor dunha enfermidade que lle obriga a gardar reposo ou porque agarda por alguén que non chega, e iso incomódalle; tamén se emprega metaforicamente cando unha persoa se ve impedida polas circunstancias de facer ou dicir o que lle gostaría facer ou dicir; estar impaciente; sentirse suxeito;
Similar a "non collerlle o pan no corpo".
O dito ten que ver coas dimensións reducidas dos cortellos dos porcos, que moitas veces eran uns simples cercados feitos con táboas e só coa altura precisa para que os animais non poideran saír. Estaban situados nun recuncho da corte, que ocupaba boa parte da pranta baixa da casa.
Os cercados tiñan unha porta cun tarabelo.
As porcas parideiras separábanas dos outros porcos e, mesmamente, os porcos uns dos outros para que non pelexaran. Tamén separaban as femias dos machos da mesma rolada, mentres non estiveran capados.
Rolada: tódolos porcos que unha porca ten nun parto; tódolos pitos que unha galiña chocou ó mesmo tempo.
Os porcos foron os últimos animais en "abandoar" as casas; antes fixérono as galiñas, os coellos, as cabras e as ovellas, así como as vacas.
Marica, se vas á feira,
mércame un porco rabelo,
que se mo mercas con robo
non me colle no cortello,
di a copla popular.

jueves, 9 de septiembre de 2010

Quita-lo apetito

Os nosos devanceiros coidaban que certos comportamentos reducían puntualmente ou dun xeito máis permanente a ansia de comer.

Reducían ocasionalmente o apetito:
  • A auga e a froita inxeridas antes de comer;
  • Picar, picotear;
  • Beber en exceso durante a comida, calquera que sexa a bebida;
  • Inxerir pan pouco antes de comer;
  • Inxerir golosiñas e productos doces;
  • Variar os horarios das comidas e do sono;
  • Facer de comer;
  • Matar ou limpar un animal que se vai comer logo;
  • Despois de pasada a hora de comer habitualmente;
Reducíano de xeito máis prolongado no tempo:
  • A desnutrición e as carencias vitamínicas;
  • Inxerir vinagre ou zume de limón en cantidades importantes;
  • Tomar un mesmo producto durante varios días seguidos;
  • Os estados de depresión ou malenconía;
  • O embarazo;
Esta expresión tamén se emprega no sentido metafórico: "quita o apetito" dise dun mozo ou dunha moza fisícamente atractivos.

Perde-lo apetito: non ter ganas de comer;

lunes, 30 de agosto de 2010

Traballar a mantido

Siñifica que o patrón, ademais do salario en cartos ou en especies, debe darlle de comer ó traballador. Este sisema non só se aplicaba ós traballadores agrícolas, senón tamén a otros profesionais: canteiros, carpinteiros, xastres, costueiras, matachíns, cañeiros, albaneles...
O máis habitual eran tres comidas:
  • As once, tamén lle dicían "a parva";
  • O xantar;
  • A merenda;
Se os traballadores viñan de lonxe e, polo tanto, tiveran que madrugar moito, tamén se lle daba de almorzar. A cea só se incluía cando os traballadores pernoctaban na casa do patrón.
Pero existían moitas variantes segundo os oficios e profesións, as zoas, a época do ano e a procedencia dos traballadores.

martes, 24 de agosto de 2010

Os Diarios de Mariana Canabal


"A parte máis preciada do porco eran os xamóns; despois de sacalos do sal, poñíanse a curar pendurados dunha viga ou dun puntón por un cordel, nun sitio seco; ás veces mesmo os colgaban debaixo da viña, a sombra, cando sopraban o Norte ou o Nordés con forza; neste caso metíanos nunhas saquetas feitas de lenzo dunha saba vella ou das sacas da fariña, para protexelos das moscas.
"Parte desdes xamóns reservábanse para a época dos labores máis importantes do ano e moi especialmente para as rogas; os outros remataban no bandullo dos profesionais e funcionarios, tanto da comarca coma da capital (médicos, notarios, avogados...).

¡E un xamón!
Ten o mesmo siñificado que "¡naranjas de la China!", "ancas de ráa", "diso nada", "nen falar do conto", negativa rotunda, non falta de ironía, porque os xamóns eran a parte máis preciada do porco, que moitas veces os paisanos non comían, senón que os empregaban para obter ou agradecer favores, por iso, na sociedade tradicional os xamóns están unidon ó soborno, ó enchufismo e ás prebendas conseguidas inxustamente de funcionarios ou profesionas corruptos.

miércoles, 11 de agosto de 2010

Ditos relacionados coa gastronomía (5)


  1. As vodas de Camacho: comida abondante e de calidade;
  2. Carto gañado, carto papado: dise dunha prsoa que non aforra, que o gasta tofo;
  3. Comer de campo: comer ó aire libre con motivo dunha romería ou dunha excursión;
  4. Estar coma un espárrago: estar moi fraco;
  5. Estar sen probar bocado: estar en aunas, non ter comido nada nun certo tempo;
  6. Facer rancho aparte: separarse dun grupo (familiar, laboral, social...) ó que se perteñece para compartir información ou privilexios que lle son negados á maioría; o dito provén da vida militar, porque o rancho era a comida que se lle servía á tropa, escasa e malamente condimentada egundo a opinión máis xeneralizada;de feito, ata os anos 70, os mozos que estaban no Servizo Militar levaban provisións das súas casas ou cartos pra mercar alimentos fóra do cuartel, que soían compartir cos compañeiros máis achegados, pero ás agochadas dos seus mandos; hoxe usamo-la expresión "a ese hai que botarlle de comer aparte" para referirnos a unha persoa que non se adapta ás normas que segue a maioría;
  7. Facerlle o caldo gordo a alguén: conquistar a unha persoa sen reparar nos medios empregados, tanto desde o ponto de vista legal coma ético; facer caír a unha persoa nunha trampa empregando métodos sibilinos; hai unha expresión sinónima que apuro se emprega na actualidade "encestalo", que non ten nada que ver coa cancha de baloncesto, senón con "facerlle o cesto", dito tamén dafala popular que indica un xeito de cmportarse cunha persoa rodeándoa sutilmente de comodidades, "estar coma un rei nunha cesta", ó mesmo que se limita a súa libertade e a súa independencia;
  8. Lavadura: restos de comida que se destiñan ó consumo animal; comida que se prepara para os porcos consistente en verdura escaldada e misturada con salvado;
  9. Morrer coa sede: sentir ansia imperiosa de beber;
  10. Naranjas de la China: expresión que escoitei sempre en castelá, aínda que a empregaran os galegofalantes, co siñificado de "ca, diso nada", non é certo, posibel ou verosímile;
  11. Non ter paladar: non apreciar os sabores das comidas; non ter gosto para escoller;
  12. O coche come con un á mesa: quere dicir que, ademais da súa compra, o coche ocasiona uns gastos diarios (combustible, aparcadoiro, seguro, impostos) que debemos ter en conta antes de mercalo;
  13. Paladear: saborear, probar, catar;
  14. Picnic: comida campestre; palabra inglesa, en francés é pique-nique;
  15. Poñe-la mesa: dispor os utensilios para comer, pratos, vasos, coitelos, garfios, culleres...; era un labor que aprendían a facer as nenas, case desde pequenas, non así os seus irmás varóns;
  16. Por un prato de lentellas: por pouca cousa; as lentellas en Galicia eran consideradas un producto case marxinal, para os pobres, porque se descoñecía o seu valor nutritivo; o dito ten a súa orixe nun relato bíblico;
  17. Rancho: porquiño pequeno; comida para moita xente, especialmente nos cuarteis;
  18. Servir á mesa: acarrexar e repartir os alimentos que se4 van tomar; nas casas nas que non había servizo doméstico facíao a ama da casa ou algunhas das fillas máis vellas;
  19. Son fabas contadas: dise dun negocio que produce un escaso beneficio ou uns ingresos reducidos;
  20. ¡Teñámo-la festa en paz!: non rifemos, non discutamos; non era raro que nas comidas das festas, nas que se reunía a familia extensa, houbera reproches e liortas, principalmente por mor das herdanzas; dispois e comer e beber en abondancia, algún non podía reprimir as súas queixas;
  21. Ter mans de manteiga: dise dunha persoa á que se lle caen con frecuencia as cousas das mans, utensilios ded cociña, por exemplo, ou que ten pouca forza para abrir ou pechar correctamente un recipiente;
  22. Ter unha empanada mental: estar confuso; ter moita información sen saber moi ben como empregala;

martes, 3 de agosto de 2010

Ancas de ra

As ancas de ra adobadas con abondante allo e fritidas en aceite ben quente son exquisitas, pero o mesmo que os caracois e en moitas zoas tamén os cogumelos, eran desprezadas polos paisanos e só as consumían as familias procedentes doutras rexións, case sempre de boa posición social ue viñan a ocupa-los cárregos da administración e o funcionariado.

Ancas de ra é tamén unha expresión popular co mesmo siñificado que naranjas de la China, esta empregada sempre en castelán, para indicar desconfianza ou negación.

jueves, 22 de julio de 2010

Pagar piso

Era abonar unha cantidade en metálico para poder ocupar ocasionalmente un posto nun mercado, nunha feira, romería ou no campo da festa para poder productos alimenticios ou doutro xénero (as tómbolas, as barcas e calisquera outras atraccións, por exemplo). A cantidade a pagar, normalmente por adiantado, dependía das zoas, da superficie ocupada e da súa situación, dos productos que se vendían e dos servizos que se ofertaban.
Tamén "pagaba piso" o mozo dunha parroquia que pretendía a unha moza doutra. Neste caso o pago consistía en invitar ós mozos solteiros conviciños da noiva a unhas rndas na taberna; entrementes nono fixera sería víctima de todo ipo de bulras, brincadeiras e atrancos por parte daqueles que consideraban que lles estaba pisando o seu terreo.

domingo, 18 de julio de 2010

A auga


Moitos alimentos cocíñanse con auga (cocidos), tanto en quente (déixase ferver a auga antes de botar os productos na cacerola) ou en frío (póñense os ingredientes na cazola antes de poñela ó lume).

Auga con zucre:
Fervían a auga previamente, entre outras razóns porque o zucre disólvese millor na auga quente; añadíanlle zume de limón e bebíana morna para conseguir efectos astrinxentes e para alivia-las dores da gorxa; fría como bebida refrescante.

Auga con graxa: fervían a auga e añadíanlle unha area de sal e un pouco de manteiga de porco o de vaca; despois botábanlle sopas de pan; tomábana no almorzo en vez de leite, café ou chiculate;

Antes de facer unha casa facían o pozo, despois de comprobar que había auga e que esta servía paa o consumo humán. A situación do pozo debía respetar unhas distancias con relación ós pozos próximos abertos con anterioridade.

Supersticións:
Non é estrano que, sendo a auga un elemento básico para a vida, haxa moitas supersticións relacionadas con ela, pero mencionaremos somentes algunhas das que se refiren á inxesta de auga:
  1. Co polbo e os marisco non se debe beber auga; tampouco co caldo ou inmediatamente dispois del;
  2. Beber auga inmediatamente antes de comer quita o apetito;
  3. Un vaso de auga morna en aunas axuda a regular o tránsito intestinal;
  4. As mulleres menstruantes ou recén paridas on debían beber auga fría;
  5. Non se debía beber a auga das fontes que daban ó Norte;
  6. Había que beber auga de sete fontes para curar algunha doenzas;

Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
Tiñamos un pozo na eira, xusto frente á porta da casa; pegado ó pozo un lavadoiro no que se lavaba a roupa a cotío, agás as mantas, os cobertores e as fundas dos xergóns que, unha vez ó ano, no verán, ían lavarse ó río. O pilón tamén se empregaba para poñer a refrescar o viño, as cervexas e as gaseosas na época de calor, pois daquela, finais dos 50 e comezos dos 60, non había frogríficos.
A auga sacábase cun caldeiro de zinc atado a un adival coa axuda dunha roldana. A roldana foi sustituída nos anos 70 por un pequeno motor eléctrico.
O caldeiro, o adival e a roldana colocábanse no seu sitio pola mañá cedo e non se retiraban ata a noitiña, porque a auga para beber e para cociñar sacábase no intre no que consumía, pois debía ser sempre fresca.
Os labradores que viñan traballar á veiga que estaba fronte á casa sacábana eles mesmos para beber directamente cun cazo, para enche-los porróns ou para refrescarse un pouco os días de calor.
Pola Nosa Señora, a mediados de agosto, moitos pozos secaban, afortunadamente non o noso, pero si os das casas viciñas, de xeito que lles proporcionabamos, segundo o costume da aldea, auga para beber, para cociñar, para dar ós animais e para o aseo persoal pero non para lava-la roupa que ían lavar ó río ou ó lavadeiro público, nen para regar os productos hortofructícolas, para o que empregaban augas residuais...
Refráns, ditos e expresións da fala popular referidos á auga:
  1. A auga cría ras;
  2. A auga dáa Deus de balde: dicíaselle ó que non se lavaba con frecuencia ou ó que andaba coa roupa suxa; é un dos ditos tradicionais que perderon a súa vixencia;
  3. Agua corriente no mata a la gente;
  4. Agua que no has de beber, déjala correr;
  5. Auga pasada non move muíño;
  6. Beber sen gaña: a idea de beber auga para hidratarse aínda que non se sinta verdadeiramente sede era allea á cultura tradicional, así que non se debía beber sen gaña porque segundo a filosofía popular "o beber quita o comer";
  7. Cambia-las tornas: muda-lo rumbo dos acontecementos, mudar a relación de poder-sumisión ou de depenencia económica entre persoas, familias ou grupos sociais; a orixe do dito está no feito de torna-la auga, é dicir cambiar os terróns para modificar o curso da auga de regadío, dacordo coas quendas previamente establecidas; era un labor que facían os homes máis vellos da casa, coa axuda da ligoña, pola mañán cedo e máis á noitiña;
  8. Estar a augas quentes;
  9. Estar a pan e auga;
  10. Non ter quen lle dé a un un ha auga quente;
  11. Nunca digas desta auga non beberei;
  12. Ó inimigo nen auga;
  13. O peixe todo é auga: dito co qu moitos, principalmente os homes, rexeitaban o pescado ó que le atribuían erroneamente escaso valor nutritivo;
  14. Pontevedra é boa vila: dá de beber a quen pasa;

martes, 13 de julio de 2010

O viño


Refráns, ditos e expresións da fala popular relacionados co viño:
Abondan as expresións relacionadas coa inxesta excesiva de viño e os seus efectos, así como cos comportamentos das persoas ebrias.
  1. A arrancadeira: a última taza de viño que se tomaba nunha taberna; tamén se dicía "a penúltima" porque pedir a derradeira, segundo os bebedores, daba mala sorte;
  2. Achispado: lixeiramente ebrio; contento;
  3. Alpiste: bebida alcohólica, principalmente viño ou caña;
  4. Bautiza-lo viño: engadirlle auga; adulteralo para obter un maior beneficio;
  5. Canto peor é o viño, millor é a caña: dise moito da comarca do Ulla;
  6. Coller unha cogorza: emborracharse;
  7. Coller unha petenera: embriagarse, beber en exceso;;
  8. Con pan e viño ándase o camiño;
  9. Darlle ó alpiste: beber en exceso, embriagarse;
  10. Empinar o cóbado;
  11. Empiparse;
  12. Era o viño o que falaba por el: expresaba sentimentos e ideas que non sería capaz de deixar que afloraran, por recato ou educación, estando sobrio;
  13. Estar trompa: estar ebrio; por iso á rúa do Franco, en Santiago de Compostela, lle chaman "a senda dos elefantes";
  14. Gasta en festas e viño o que lle has de deixar ós sobriños;
  15. O beber quita o comer;
  16. O borracho solta o que ten no papo: refírese ós efectos desinhibidores do alcohol;
  17. Ó catarro dalle co xarro;
  18. O comer pide o beber;
  19. O que o saiba beber ten que sabelo mexar: refírese a aquelas persoas que, ó beber alcohol en exceso, vólvense agresivas ou, simplemente fáltanlle ó respeto ós de mais;
  20. Parroquianos: clientes habituais dunha taberna; ter moita parroquia era ter moitos clientes;
  21. Polo San Martiño avilla o teu viño: San Martiño celébrase o 11 de novembro;
  22. Polo San Martiño avilla o teu viño e mata o teu porquiño;
  23. Poñerse contento: beber en exceso, embriagarse;
  24. Sopas de pan e viño quente fan ó home valente;
  25. Ter unha curda: estar ebrio;

Manoliño foi ó viño,
rompeu o xerro no camiño,
pobre xerro, pobre viño,
pobre cú de Manoliño,
aprendíanlle as avoas ós nenos máis pequenos. Castelao adícalle un dos seus debuxos a esta retahíla.


Coplas:
Pra sardiñas frescas, Vigo;
pra bo viño, Ribadavia;
e pra mulleres bonitas
Ourense que ten a fama.

Os cregos e os taberneiros
teñen moito paracido:
os cregos bautizan nenos
e os taberneiros o viño.

martes, 6 de julio de 2010

O pan


Pasou de facerse na casa de xeito artesanal a ser un producto industrial, pero actualmente vólvese a valorar o cocido en forno de leña e o seu consumo repunta recuperando o terreo perdido frente ás galletas, croissants e bollería en xeral, por ser máis saudable desde o ponto de vista dietético, xa que non contén zucre, graxas, colorantes nen conservantes.
Conviven moitos tipos e variedade de pezas: con sal e sen sal, con noces ou pasas, integral...; bolas, moletes, bolos, barras...

O oficio de panadeiro, entendido en sentido estricto, é dicir como persoa que vive de face-lo pan, é exercido, desde hai décadas, tanto por homes como por mulleres, coa mesma eficacia e valoración social.
O pan máis afamado era o de Cea, na provincia de Ourense, e o de Carballo, na provincia da Coruña.

O pan nunca se tiraba ó lixo: comíase reseso, facíanse farangullas, tortilla, torrixas, riábase, dábaselles ás galiñas, ás pombas... e se non se tiñan animais, gardábaselle para algunha viciña que os tivera; mesmo había persoas que ían polas casas a recollelo unha vez por semá.

Léxico:
  • Bola: peza de pan arredondeada e baixa;
  • Bolo: peza de pan alongada, alta e sen pirucho;
  • Broa: borona, brona, bola de pan de millo;
  • Formento: levadura para face-lo pan;
  • Maquía: cantidade de grao ou de fariña que recibía o dono do muíño proporcional á cantidade moída;
  • Miolo: miga do pan; parte central dun discurso;
  • Miolos: sesos;
  • Muiñada: cantidade de fariña que se obtén nunha quenda do muíño;
  • Muíño de ferrado: o dereito a utiliza-lo muíño pagábase anualmente por ferrados de grao;
  • O pan de Carballo: tiña fama da ser un dos millores, xunto co de Cea;
  • Óleo: fariña de trigo, a máis fina; empregábase para facerlle papas ós nenos máis pequenos, ós vellos e ás persoas convalecentes;
  • Panceira: persoa á que lle gosta moito o pan;
  • Picatostes: taquiños de pan fridos para acompañar o chiculate, o gazpacho ou as cremas;
  • Regueifa: molete de pan que nas vodas se repartía entre a mocidade; canto e baile en torno ó molete; desafío;
  • Regueifeiro: persoa con facilidade para improvisar coplas de desafío;
Bote a regueifa, madriña,
pola folla da espadana,
se non colle pola porta,
bótea pola ventana.
(Copla tradicional)

Refráns, ditos e expresións da fala popular relacionados co pan:
  1. A boa fame non hai pan duro:
  2. A falta de pan...: o dito completo é "a falta de pan, boas son tortas";
  3. Andar coa fariña: traficar con drogas, principalmente cocaína;
  4. As penas con pan son menos;
  5. Bailar no aro dunha peneira: estar ledo;
  6. Cambiarás de muiñeiro, pero non de ladrón:
  7. Coller (a alguén) coas mans na masa:
  8. Come-lo pan podre e o viño vinagre: indica miseria, pobreza extrema; (a expresión emprégaa Xenaro Mariñas);
  9. Comer sen pan, así fan os golosos: dito que teño escoitado moitas veces; a verdade é que os galagos estamos acostumados a comer pan con todo; hai quen o toma incluso co marisco ou coa pasta;
  10. Con pan e viño ándase o camiño:
  11. Estar a pan e auga: estar castigado; tamén de emprega cando a muller se nega a ter relacións sexuais co seu home, pero non se emprega nunca ó revés;
  12. Facíalle máis falta que o pan de comer: éralle moi necesario, precisábao; o pan é o alimento por excelencia, tanto no plano real coma no simbólico;
  13. Gaña-lo pan: traballar, realizar un esforzo;
  14. Gaña-lo pan co suor da fronte: maldición bíblica con motivo da expulsión de Adán e Eva do Paradiso pola que o home debe traballar para procurarse o sustento;
  15. Meterse en fariña:
  16. Negarlle a alguén o pan e o sal: non sentir nen a máis mínima compasión por esa persoa; mostrarse implacable con ela. Coido que a orixe da expresió é xudea ou cando menos oriental polo valor que os pobos do deserto lle dan ó sal ó non resultarlle doado conquerilo;
  17. Non caberlle o pan no corpo: non poder gardar un segredo, buscar inmediatamente unha explicación para algo que lle preocupa;
  18. Non estar o forno para bolos:
  19. Non gañar nen para pan: obter un beneficio moi escaso;
  20. Non só de pan vive o home: sentencia bíblica; cando un galego emprega esta expresión está lembrando as necesidades espirituais (culturais, sociais e afectivas) da persoa e considerándoas tan básicas coma as naturais (comer, durmir, relacionarse sexualmente);
  21. Non teñen para pan e mercan estampas: para indicar unha mala administración dos escasos resursos;
  22. O pan noso de cada día: algo mooi frecuente, habitual;
  23. O pan pide o compango:
  24. O queixo pide o pan:
  25. Pan con pan, comida de tontos;
  26. Pan y queso saben a beso:
  27. Peneirar: zurrar;
  28. Polo pan baila o can, e polo carto se está farto:
  29. Por un anaco de pan ou por unha miga de pan: comprar ou vender por moi pouco prezo, por debaixo do seu valor;
  30. Se fora pan, quitábasmo da boca: dise cando nha persoa expresa verbalmente o que a outra estaba pensando;
  31. Ser o pan noso de cada día: ser algo habitual, cotiá;
  32. Ser pan para hoxe e fame para mañán;
  33. Traballo feito non pide pan:
  34. Vale máis pan duro que figo maduro;
Coplas:
Ó muíño de meu/teu pai
eu ben lle sei o tempero:
cando está alto, baixalo;
cando está baixo, erguelo.

Unha noite no muíño,
unha noite non é nada,
unha semaniña enteira
esa si que é muiñada.

A muiñeira da costa de Meira
de día moe e de noite peneira;
nunca se víu cosa coma ela,
peneirar toda a noite sen vela.

A miña burriña cando vai ó muíño
vai toda enfatriñada, cheíña de frío;
cheíña de frío e máis de xiada;
a miña burriña sempre vai cargada.

Miña nai doume unha tunda
co aro dunha peneira;
teña vergonza, mi-madre,
que ven a xente da feira.

Maruxiña do forneiro,
se é que coces faime un bolo;
se mo fas, faimo de trigo
que eu de millo non cho como.

Franco, danos pan branco,
que de serrín xa no lo daba Negrín,
reclamaban en Barcelona ó rematar a Guerra Civil española.

Tabús:
Non se debía comer o pan quente e moito menos beber auga despois.



lunes, 21 de junio de 2010

Ditos relacionados coa gastronomía (4)

  1. A ollo de buen cubero: sen empregar nengún instrumento de medición;
  2. Caldeirada: guiso de carne ou de pescado; comida caldosa mal feita con mistura descoidada de varios ingredientes;
  3. Caldraxada ou caldruxada: dise da auga que se quentou por efecto do Sol ou do movemento no seu trasego;
  4. Catar: probar (un viño, un licor, os queixos, os ovos ás galiñas...); acción de extraer unha pequena mostra dun producto para comproba-la súa calidade;
  5. Comer de campo: comer ó aire libre con motivo dunha romería ou excursión;
  6. Comida de batalla: comida feita con pouco esmero, con productos correntes e que precisa pouca elaboración;
  7. Dá gosto velo comer: dise dun neno, persoa maior ou convalecente que come con papetito e de todo;
  8. Dar as cebolas: estar moi suxo;
  9. Dárllelas con queixo: engadar, presentar un asunto só nos seus aspectos agrables; agocha-las dificultades;
  10. De bon paladar: dise dun manxar, pero tamén dunha moza fermosa e aghradable no trato;
  11. Encebolado: cociñado con cebola en abondancia;
  12. Enchenta: comida pantagruélica, indixestión; molestia por haber comido en exceso;
  13. Enrestrar: coloca-las cebolas e os allos para a súa venda;
  14. Estar cebado: ter sobrepeso, estar moi gordo;
  15. Estar cocido: estar acostumado ás dificultades, ter experiencia, tamén "estar curtido";
  16. Estar coma un pipote: estar moi gordo, ter moita barriga;
  17. Estar coma unha cuba: estar ebrio, ter bebido moito;
  18. Hoxe comeu lingua: dise dunha persoa que fala moito ocasionalmente, sen ser habitual nela;
  19. Ingredientes: productos necesarios para elaborar un prato;
  20. Meterlle o dente: darlle unha dentellada; repender, censurar;
  21. Non estar para festas ou non estar para moitas festas: sentirse vello, triste, desanimado, se se refire a unha persoa; gastado, moi usado, a piques de romperse, se se refire a un obxecto;
  22. Non privarse de nada: comer de todo en abondancia, sobre todo productos de alta calidade ou prezo elevado;
  23. Non se corta os dedos: tacaño, rácano, amarrado;
  24. O que nada non afonda: dicíanllo a un neno cando lle preguntaban que quería tomar e respostaba "nada";
  25. O que se pica, allos come;
  26. Paniaguado: falto de criterio, de personalidade; sen xenio, corto, tiorato; ten carácter pexorativo;
  27. Papuntos, papaberzas, papabroas, papabrebas, papahostias, papalloas: todos eles son insultos;
  28. Para comer, Lugo: dito convertido en slogan do que se sinten orgullosos os lucenses e que utilizan para atraer ós forasteiros;
  29. Picarse: darse por aludido, molestarse, amoscarse;
  30. Piperetada: lambonada, chuchería, golosiña; comida de pouco valor nutritivo, pero sabrosa, case sempre doce, que se lle ofrece a un neno ou a un vello para contentalo;
  31. Piscolabis: tentempé, comida fría acompañada de bebidas varias;
  32. Poñer toda a carne no asador: poñer empeño nunha empresa, arriscar, non escatimar esforzo;
  33. Prívame: góstame moito, non me podo resistir a tomalo (referíndose a un producto concreto);
  34. Privarse: absterse de comer un determiñado producto, ben por razóns económicas, ben de saúde;
  35. Pulgas: mini bocadillos feitos cunhas pequenas boliñas de pan; sérvense como tapas nos establecementos de hostelería dun anos para acá; tamén se preparan para aperitivos, merendas ou piscolabis;
  36. Saber o leite que dá a vaca: coñercer os sacrificios e privacións quo feito de vivir leva consigo;
  37. Sacarlle á boca: reducir a inxesta de alimentos, ben por aforrar, ben por baixar de peso;
  38. Sacar o bocado da boca: privarse de comer para darlle a outra persoa, case sempre moi achegada, principalmente fillo ou filla; coido que a orixe desta expresión procede da observación da natureza, xa que os paxaros alimentan ás súas crías regurxitando a comida;
  39. Sacauntos: "Coco" co que ameazaban ós nenos máis pequenos para que se comportaran ben; tamén "sacamanteigas";
  40. Ser prato de segunda mesa: dise dunha muller ou dun home que mocean ou casan cun home ou unha muller respectivamente que tivera anteriormente outra relación amorosa; tamén se di cando a unha persoa lle ofrecen algo que outra rexeitou;
  41. Ser un óso duro de roer: ser unha persoa de trato difícil, terca ou mala de convencer;
  42. Ter bon paladar: saber apreciar o gosto dos manxares; ter a cualidade de saber escoller sempre o millor;
  43. Unha cousa é falar da allada e outra verse nela: a diferencia entre a opinión e a vivencia;
  44. ¡Vaite fritir espárragos!: dito de orixe allea ó galego pois os espárragos non eran un producto específico noso; tiña un carácter despreciativo; tamén "¡vaite por aí que xa te chamarei!", "¡que che den morcilla!" ou simplemente "¡que che den!";
  45. Verse na allada: verse implicado, comprometido;
  46. Zaragallada: fritido para as empanadas feito a base de cebola, pemento roxo e verde, ó que se engade o bacallao, atún, zamburiñas, etc.

domingo, 2 de mayo de 2010

Ditos relacionados coa gastronomía (3)


  1. Á conta do leite: sistema de pago frecuente nos anos 60 e 70 entre a poboación do medio rural; as tabernas eran os postos máis habituais de recollida do leite;
  2. Á hora de xantar: unha hora imprecisa (a unha, unha e media, dúas...) segundo os costumes da familia e a actividade económica desenrolada polos seus membros; os traballadores da construcción e das industrias eran os que xantaban máis cedo; era unha falta de cortesía acodir á casa dun viciño á hora de xantar, non só por poñer á familia no compromiso de convidar ou ofrecer algo do que estiveran comendo, senón porque o momento da comida considerábase algo íntimo e privado;
  3. A lei do embudo: aplicar diferentes normas ou criterios segundo a persoa da que se trate, favoritismo, nepotimo, enchufismo; beneficiar a uns en detrimento de outros;
  4. As fabas danas ben contado: dise dos que sofren carencias económicas;
  5. As sobras: eran o resto da comida que fora servida e posta na mesa, non se consideraban sobras o caldo, callos, fabada, lentellas... que quedaran na pota;
  6. As sobras para o can: así dicían algúns, sobre todo homes, para expresar o seu rexeitamento da comida requente ou dos pratos elaborados cos restos da comida o día anterior; as sobras eran aproveitadas principalmente polas mulleres, non somentes as criadas, senón as amas de casa en xeral;
  7. Botar a casa pola fiestra: facer un gran gasto con motivo dunha celebración, tanto no tocantes a comidas e bebidas, como a roupa, etc.
  8. Carta: conxunto de pratos que oferta un restaurante ou unha casa de comidas;
  9. Chupar: tomar bebidas alcohólicas en exceso; obter beneficios ilegais (chupatintas, se o fai desde a súa situación profesional e con sutileza);
  10. Chupar do bote: aproveitarse dunha situación para obter beneficios;
  11. Comer: amenazar, amedrentar, apropiarse indebidamente de algo que perteñece a outro; gastar, consumir; tamén se emprega en varios xogos de mesa (parchís, oca...)
  12. Comer á carta: elaborar un menú a partires do que se ofrece na carta; é un símbolo dunha boa posición socioeconómica; tamén se di en tono irónico cando nunha familia cada membro come algo diferente;
  13. Comer a corpo de rei: comer ben e en abondancia;
  14. Comer coma un sabañón: comer en abondancia, con gañas; dise en tono de loubanza aplicado a un neno, a un vello ou a unha persoa convalecente;
  15. Comer de tixola: inxerir productos fritidos;
  16. Comer o pé: gasta-lo capital;
  17. Contarlle as fabas a alguén: tacañearlle, controlarlle minuciosamente o que gasta; refírese case sempre á muller que depende economicamente do home e da familia del;
  18. Da ración: productos (pan, aceite, arroz, pasta...) que se conseguían na postguerra por medio da cartilla de racionamento;
  19. Durar menos que un caramelo á porta dun colexio: dito de recente incorporación á fala popular;
  20. Embutidos: productos eleborados a base de carnes condimentadas, introducidas case sempre nunha tripa e curadas, tamén chamos fiambres;
  21. Estar coma unha cafeteira: estar mal da cabezar, tolear; tamén "estar coma unha regadeira";
  22. Estraperlista: persoa que se adica ó estraperlo;
  23. Facer un churro: facer algo mal feito;
  24. Fiambre: embutido; tamén cadabre;
  25. Fiambreira: recipiente para levar a comida dun lado para outro, principalmente para comer no lugar de traballo;
  26. Galdrumada: comida sen xeito;
  27. Ir ó Ceboleiro: é un dito procedente dos xogos de cartas; o Ceboleiro é (ou era porque neste intre non podo asegurar que sega aberto) un restaurante de Noia (tamén se dicía "ir a Noia" ou "ir a Allariz" ou "facelas dos zapateiros", cando non se gañaba sen un só xogo no tute ou na brisca;
  28. Máis claro que a sopa dun asilo: evidente remedo do tradicional "máis claro que a auga" que pon en evidencia a consideración popular sobre estes establecementos de acollida que os paisanos denostaban como símbolos do abandono familiar e social que sofrían algunha persoas maiores;
  29. Menú: conxunto de pratos que se ofrecen nunha soa comida; habitualmente está composto dun primeiro prato, lixeiro (caldo, sopa, crema, ensalada, pescado miúdo fritido, fiambre...), no inverno quente e no verán frío; un prato principal máis eleborado (carne, pescado, ovos...) e unha sobremesa;
  30. Ofrecer de gorxa para arriba: sen verdadeira intención de dar ou compartir aquilo que se ofrece;
  31. Os experimentos con gaseosa: unha chamada á prudencia, a non arriscarse cando non se está seguro, actitude conservadora moi propia do galego;
  32. Pagar a escote: reparti-la conta a partes iguais entre os que participan nun gasto, aínda que non todos consumiran o mesmo; estase convertindo no xeito máis habitual de paga-los convites, incluso as vodas que tradicionalmente pagaban os pais da noiva;
  33. Panceiro: persoa á que lle gosta moito o pan, que come moito;
  34. Pasar lambreta: pasar fame;
  35. Pinchos morunos: levan carne estofada ou ó ferro, pemento roxo, verde e amarelo, puerro..., ensartados alternativamente nunha variña de madeira ou de metal;
  36. ¡Que lle den morcilla!: Tanto pode aplicarse a unha persoa coma a un obxecto ou a un asunto; se se refire a unha persoa ten o siñificado de "¡vaite por aí que xa te chamarei!", "a otro perro con ese hueso", "vaille toca-lo carallo á lancha", tendo sempre un carácter despreciativo; tamén "que che den mate" ou "vai tomar mate por bombilla", estas últimas procedentes da emigración a Arxentina; se se refire a un obxecto ou a un asunto dise coa intención de que non nos interesa, non nos preocupa, non imos facer esforzos por recuperalo ou resolvelo;
  37. Racións: porcións de productos concretos (polbo, pementos de Padrón, calamares, croquetas, chipiróns, navallas, mexilóns...) que se ofrecen nos establecementos hosteleiros case sempre para compartir; a cantidade de cada ración depende do tipo de producto e do establecemento, calcúlase sempre a ollo (por experiencia);
  38. Saírlle un churro: saírlle mal algo, un exame, un labor de agulla, p.e.;
  39. Sazonar: añadir sal e outros condimentos a un manxar que estamos preparando;
  40. Ser moi cafeteira/o: gostrlle moito o café, tomalo varias veces ó día;
  41. Tapas: productos que en pequenas cantidades ofrecen os establecementos hosteleiros, en Galicia de xedito gratuíto, coa consumición de bebidas frías (refrescos, viño, cervexa...); cada establecemento soe te-la súa especialidade (tapas frías ou quentes, tapas de cociña se se trata de productos elaborados no propio establecemento; mesmo algúns bares e tabernas son coñecidos popularmente polas tapas que ofrecen, p.e. "o pataca" ou "o orella" en Santiago de Compostela;
  42. Ter a pota no lume: estar facendo a comida;
  43. Ter a solitaria: estar moi fraco a pesares de comer abondantemente; as enfermidade gastrointestinais eran relativamente frecuentes nos nenos debido a unhas condicións hixiénicas precarias;
  44. Ter a tixola ó lume: estar facendo de comer;
  45. Ter o estómago encollido: é unha fórmula para expresar o malestar a causa dun disgosto, dunha mala noticia ou dunha sorpresa desagradable;

martes, 13 de abril de 2010

Sentar á mesa

Sentar á mesa siñifica invitar a un ha persoa a compartir a comida coa familia; era un sinal de confianza.
No ámbito rural soían sentar á mesa ós xornaleiros, ós carpinteiros, matachíns, xastres e costureiras que traballaran ese día na casa, pero non sempre ós criados e case nunca ás criadas, que comían nun recuncho da cociña.
Non era infrecuente que convidaran tamén a algún mendiño dos que ían de aldea en aldea e de porta en porta, principalmente dos que o faían de xeito habitual, xa que a súa presencia rachaba coa rutina cotiá e aproveitaban para pedirlle información sobre as feiras, mercados e romarías doutras zoas eata sobre familiares e amigos residentes noutras parroquias, incluso mandarlleles encargos.
Os que se sentaban á mesa comían as mesmas viandas que a familia da casa, incluso se lles ofrecían as millores talladas ou algún producto extraordinario.
Nas cidades era máis frecuente a segregación: ós traballadores ou empregados dábanlle-la comida na cociña antes de comer o resto da familia, que oía facelo no comedor. Canto máis outro era o nivel socioeconómica da familia, máis profunda era a separación, que afectaba dun xeito especial ás criadas, ás que se lles daban as sobras ou se lles mercaban productos máis baratos.

Levantarse da mesa:
Frecuentemente os rapaces querían levantarse da mesa non máis rematar de comer para ir xogar; debían pedirlle permiso ós pais para marcharen. Empregaban as fórmulas "¿dá vostede o se permiso?" ou, simplemente, "con permiso". Os adultos tamén empregaban as mesmas fórmulas ou as menos usuais "disimule" ou "disimulen" dirixíndose ó cabeza de familia ou á familia completa se se trataba dun convidado.

Fórmulas de cortesía:
Cando se entraba ou se saía dunha casa ou dunha fonda na que estaban comendo dicíase "que aproveite" ou "bon proveito".

lunes, 22 de marzo de 2010

Ditos relacionados coa gastronomía (2)



  1. A dolorosa: a factura ou lista de gastos dun convite, obra ou compra extraordinaria;
  2. A ise hai que darlle de comer aparte: dise dunha persoa pouco convencional polas súas ideas ou comportamentos; soe ter un carácter despreciativo;

  3. ¿A quen lle amarga un doce?;

  4. Aguinaldo: Dádiva que se lle ofrecía ós traballadores ou colaboradores polo nadal, consistente en productos (comidas e bebidas) propios desta época: follas de bacallao, froitos secos, conservas de pescado e de froitas, sidra, viños doces..., e máis tarde cava, turróns, mazapáns e outros doces; unha análise dos aguinaldos e da súa evolución ó longo do empo permitiríanos entender moitos dos cámbeos económicos que tiveron lugar no noso país nas últimas décadas; en Galicia tamén reciben o nome de aguinaldos as cantigas que, sobre todo os rapaces e rapazas, cantaban de casa en casa con ocasióndas festas de Nadal, Aninovo e Reis;

  5. Auga chirla: caldo, sopa ou café quenon leva apuro máis ingredientes que a auga;

  6. Aunar: no tempo de Coresma, non comer entre horas;

  7. Beber a morro: beber directamente da botella;
  8. Caldeirada: comida feita con varios ingredientes cocidos e cun rustrido; en tono despectivo, comida feita de calquera maneira; gran cantidade de comida en proporción ó número de comensales;

  9. Cargarlle o carro (a alguén): servirlle comida en abondancia;

  10. Chamar á festa; convidar;

  11. Cheira que presta: ou tamén cheira que alimenta, dise dun manxar que desprende un arume tan agradable que invita a comelo;

  12. Cheirar a podrido: dise dunha situación que provoca sospeitas, que intuímos irregular ou delictic¡va.

  13. Chicha: en Galicia, carne; en Venezuela, bebida refrescante;

  14. Chuparse os dedos: emprégase para indicar que un manxar está sabroso; pola contra, "chuparse o dedo", por ser un costume infantil, indica inocencia, falta e picardía ou confianza excesiva;

  15. Coller unha talanquera: embriagarse;

  16. Comer a rancho: comer todos dunha fuente ou cazola, sen servirse cada un no seu prato; comíanse a rancho as ensaladas, os pementos de Padrón, a empanada o polbo, etc.; este costume conservaseactualmente baixo a denominación "para picar"; tamén se bebía a rancho, é dicir todos dunha mesma cunca, primeiro o pai, logo a nai e despois os fillos; nos anos 50 unha das nosas testemuñas aínda observou este costume, hoxe desaparecido, na comarca de Avión;

  17. Comer coma o porco: dise dunha persoa que se ergue tarde, xanta e vólvese a deitar por preguiceiro; tamén se di dunha persoa que non fala mentres come; é unha expresión moi pexorativa;

  18. Comer coma os señores: comer tarde; dicíase porque as familias traballadoras comían cedo, á unha e media ou ás dúas, xa que as quendas da mañá remataban á unha (construcción, industria...) ou á unha e media (comercio), mentres que os funcionarios, empregados de banca e outros profesionais saían máis tarde porque non traballaban pola mañá; tamén se empregaba a expresión para indicar que se comía sen presa e que a sobremesa era longa;

  19. Comer coma un home: dicíaselle a un neno que sabía comportarse na mesa e comía todo o que lle serviran; curiosamente, ás nenas non se lles dicía;

  20. Comer coma un porco: comer moito e sen observa-las normas de comportamento socialmete aceptadas;

  21. Comer de moca: ser convidado, non paga-la comida; vivir de moca era vivir sen traballar; tamén "polo morro" ou "pola cara";

  22. Convidar, convidado, convite;

  23. É canela fina; ou simplemente canela fina, dise dun obxecto ou mesmo dunha persoa para loubar as súas cualidades, pois non hai que esquencer o alto valor des especias, entre outras razóns, por seren productos importados;

  24. Empiparse: beber en exceso, embriagarse;
  25. Estar aínda co bocado na boca: inmediatamente despois de comer;

  26. Estar de bon pasar: ter un bo aspecto, dar a entender que se come o suficiente; tanto se aplica a homes coma a mulleres;

  27. Estar de bon ver: aplícase exclusivamente ás mulleres, ter bon aspecto, cun pouco de sobrepeso, porque ese era o modelo estético dos anos 50 e 60;

  28. Estar de "coge pan y moja": dise dun mozo moi atractivo fisicamente e insisto no de mozo porque é unha expresión que sempre lle escoitei a mulleres; o dito procede da gastronomía e do afán de molla-lo pan na prebe cando un prato está moi apetitoso;
  29. Estar en sazón: no millor momento para ser consumido; estar en tempo para casar, dise dunha muller, pero sobre todo dun home xa feito e direito con certo porvir económico;

  30. Estar peneque: ebrio, embriagado, borracho; tamén estar alegre, estar contento;

  31. Fiar: dicíase do viño que perdía o sabor ea textura co paso do tempo; os viños de baixa raduación dalgunhas comarcas apuro aguantaban ata o final da tempada;

  32. Lambetadas: chucherías, golosiñas, lambonadas, en xeral productos doces de escaso valor nutritivo; o lambón por excelencia é o gato;

  33. Máis largo que un día sen pan: dise dunha persoa moi alta ou de calquera outra cousa de máis lonxitude da esperada;

  34. Matar á fame: escatimarlle a comida, tanto a un membro da familia coma a un empregado ou subalterno; é curioso o emprego da preposición a en lugar da preposición de;

  35. Non caberlle o pan no corpo: non ser capaz de soportar unha situación equívoca e provocar unha explicación; non paciencia, non agardar por prudencia a que un conflicto se resolva por si mesmo ou co paso do tempo;

  36. Non ter ben as hulideiras: carecer de sentido do olfato temporalmente, a causa dun catarro, por exemplo, e non poder apreciar o arume da comida;

  37. Non ter con que manterse: carecer de recursos económicos;

  38. Non ter nen para pipas ou non gañar nen para pipas: estar sen cartos, gañar moi pouco; refírese ás sementes de xirasol que, tostadas e salgadas, consumíanas os rapaces e rapazas desde finais dos anos 60; unha bulsa de pipas costaba unha peseta;

  39. Nono come por nono facer: dise dunha perso perguiceira, que non quere adicar parte do seu tempo a facer a comida;

  40. O que foi cociñeiro antes que fraile ben sabe o que se coce na cociña; tamén o que foi cociñeiro antes que fraile ben sabe a como vai o peixe; é unha loa á experiencia e alerta sobre a necesidade de coñecer tódolos pormenores dunha empresa cando se teñen cárregos de responsabilidade; tamén advirte sobre un maior control e esixencia cos traballadores por parte daquelas persoas que realizaron funcións de rango inferior antes de ocupar un posto máis elevado no escalafón;

  41. O queixo pide o pan: lémbranos a sabrosa combinación destes dous productos; é equivalente ó castelán pan y queso saben a beso;
  42. ¡Ogallá lle serva de purgante!: dicíase cando unha persoa comía algo roubado ou sen comartilo con outros que se consideraban con direito a ilo;

  43. Poñerlle a boca doce;

  44. Por donde pasa, molla: dise dun viño de calidade regular;
  45. Prestarlle: sentarlle ben a comida;
  46. Purgante: xarope adquirida na farmacia ou preparado na casa que tivera fortes efectos laxantes, que producira diarrea;
  47. ¡Que che aproveite!: dicíaselle a unha persoa que estaba comendo como fórmula de cortesía, pero tamén se podía empregar esta expresión en tono despreciativo cando alguén conseguía ou se reservaba para si algo que a outra persoa consideraba que non lle perteñecía ou que, cando menos, debía compartir;

  48. ¡Que che preste!: díselle a unha persoa cando se atraganta; tamén cando se lle ofrece unha comida ou bebida; tamán se di en tono despectivo cando unha persoa acadou algo que non merecía e que nóscobizabamos e non conquerimos;

  49. Rancho: comida dos cuarteis, en xeral, comida de regular ou mala calidade, feita sen esmero para moitas persoas; rancho tamén é un porco pequeno;

  50. Recuncar: repetir, volver a servirse das mesmas viandas;
  51. Saber a mexo de burra: dicíase da cervexa;

  52. Ser bo de manter: unha persoa que come de todo e pouca cantidade;

  53. Ser malo de manter: unha persoa que rexeita unha gran variedade de productos;

  54. Ser un pistracas: comer pouco;

  55. Ter a barriga no aro do lombo: estar moi delgado;

  56. Ter aborrecido: refírese a un alimento que se detesta por telo tomado durante moito tempo seguido ou en exceso;

  57. Ter algo a punto de caramelo: telo preparado, no seu millor momento, disposto para sacarlle proveito; tamén se pode referir a unha persoa predisposta a concedernos o que desexamos dela nun intre dado;

  58. Ter cara de leite fervido: dito pexorativo; estar pálido;

  59. Ter cara de non comer quente: dise dunha persoa que está pálida ou demacrada; tamén ter carácter pexorativo.

  60. Ter unha copa de máis: ter bebido en exceso;
  61. Ultramariños: establecemento de venta ó pormenor de productos que os labregos non producían; o nome de ultramariños deriva dalgúns dos productos ofertados: especias, cacao, café, chiculate, etc., que procedían do continente americano.
  62. Xarope: preparado bebible con efectos terapéuticos; un xarope moi común que aínda se segue empregando era auga fervida con mel e limón, ó que se lle podían añadir unhas gotas de licor (coñá, güisqui...), para as dores da gorxa;

Adiviña, adiviñanza,

¿cal é o bicho

que che pica na panza?

(Solución: a fame)



Sete cuncas de papas de millo unha vella comeu;

reventoulle o cordón do xustillo de tanto que encheu;

tiña fame comeu outras tantas e máis recuncou,

fixo coma un foguete no aire, chispún, estalou.


jueves, 18 de marzo de 2010

Refráns, ditos e expresións da fala popular referidos ás patacas

  1. Caír na patacada: picar, verse enredado nunha trampa ou nun conflicto;
  2. Caír nunha patacada; quedar preñada unha muller solteira;
  3. Coller patacas para todo o ano: aseguraba unha base importantísima da alimentación familiar;
  4. Engrelar: xerminar, botar oxérmolo; engrelan as patacas, as cebolas, os allos...
  5. Estar nas patacas: tamén estar na horta, estar en Babia, estar nas Batuecas, estar nas berzas, estar distraído, abstraído, despistado;
  6. Ir para a pataqueira; morrer;
  7. O Inferno está posto a patacas: era unha expresión coloquial empregada por aqueles que dudaban ou querían sembra-la dúvida sobre a existencia do Inferno como algo real; ten unha connotación anticlerical;
  8. Parecer unha pataca menecha: dise nunha persoa baixa de estatura e regordecha;
  9. Patacas da semente: as que se reservan para que xerminen e logo planta-lo xérmolo, grelo ou xurumelo;
  10. Patacas viúvas: patacas cocidas con sal, unha cebola e, ás veces, unhas follas de loureiro; dspois podían engadirlle un rustrido a base de aceite, allo e pementón;

martes, 16 de marzo de 2010

Refráns, ditos e expresións da fala popular relacionados coa caza

  1. A carreiriña dun can: unha distancia relativamente larga.
  2. A perdiz co dedo no narís: refírese ó cheiro penetrante da carne que é preciso eliminar co adobo.
  3. ¡Bótalle un galgo!: dao por perdido;
  4. Cazáas ó vóo: dise dalguén que ten moita axilidade mental, picardía ou capacidade para relacionar ditos ou feitos. Tamén "pilalas voando" ou "pillalas polo aire"; coido que o dito ten relación coa caza das perdices;
  5. Coidei que era un paxaro;
  6. Cheirar ó brabú: as carnes de ovella e de cabra, principlamente os animais machos.
  7. Dar gato por lebre: tamén levar gato por lebre; nalgunha taberna os mozos téñenlle gastado algunha broma a algún compañeiro que afirmaba rotundamente saber diferenciar entre a carne dun ou doutro animal, similares en canto a peso, tamaño e constitución ósea; de aí que haxa persoas que rexeitan tomar coello (ou lebre) fóra da súa casa.
  8. Estar a un tiro de escopeta: expresión que se emprega para indicar unha distancia curta.
  9. Durmir cun ollo aberto coma as lebres; ou tamén durmir cun ollo aberto e outro pechado, ter un sono moi lixeiro, espertarse con moita facilidade;
  10. Foron felices e comeron perdices: final comodín de moitos contos populares españoles;
  11. Gato esfolado coello é; similar a dar gato por lebre;
  12. Home cazador e troiteiro, nen boa meda, nen bo palleiro; (comentado nos ditos referidos ó peixe).
  13. Ir de caza;
  14. Ir ós coellos;
  15. Levanta-la lebre; descobrir un segredo, dar indicios sobre algunha irregularidade.
  16. Marea-la perdiz: darlle voltas e máis voltas a un asunto para gañar tempo;
  17. Más vale pájaro en mano que ciento volando;
  18. Matar dous paxaros dun tiro;
  19. O meu can pillou unha lebre; o dito completo é o meu can pillou unha lebre, ¡Deus sabe cando pillará outra!; dise cando unha persoa fai ou consegue algo casualmente, pero non podería facelo ou conseguilo de xeito habitual;
  20. O paxaro voou;
  21. O que non corre, voa: todo o mundo anda lixeiro para conquerir aquilo que pretende;
  22. Parir coma unha coella; ter moitos fillos de seguido.
  23. Poñer a serenar: adobar en tempo as carnes, principalmente as da caza.
  24. Saír escopetado: marchar supetamente. Tamén andar escopetado.
  25. Ser unha lebre corrida; ten carácter pexorativo; dise dunha persoa, tanto home coma muller, que ten unha longa experiencia, principalmente en asuntos amorosos;
  26. Ter a tiro;
  27. Ter no punto de mira;
  28. Ter ollo de lebre: te-lo sono lixeiro; procede doutros ditos tamén común, durmir cun ollo aberto coma as lebres ou durmir cun ollo aberto e outro pechado;
  29. Tirarse os paxaros ás escopetas;
  30. Ventar: intuír, sospeitar;
  31. Vostede perdoe, coidei que era un paxaro ou simplemente "coidei que era un paxaro";
Asubíasme de lonxe
coma can que anda perdido;
eu non son muller de caza
que entende por asubío.
(copla de desafío)

jueves, 25 de febrero de 2010

Refráns, ditos e expresións da fala popular relacionados coa froita




  1. A froita co tempo madura;
  2. A froita roubada é a que millor sabe;

  3. A laranxa, pola mañá, ouro; ó mediodía, prata; pola noite, mata: era unha crenza popular moi extendida;

  4. Apodrecer de maduro; dise, no plano metafórico, dunha situación conflictiva que xa non ten saída;
  5. Caír de maduro; o mesmo que apodrecer de maduro;
  6. Co tempo maduran as uvas;
  7. Coller unha boa anada: obter unha colleita abondante;
  8. Do ano da pera: tamén do ano da polca, do ano da nana, do ano de antaño, do ano atapún..., antiguo, pasado de moda, desfasado; tamén de los tiempos del rey que rabió;
  9. Estar a partir un piñón: ser moi amigos;
  10. Estar coma unha uva pasa ou coma un figo paso ou coma un figo chumbo: Ser vello e/ou estar delicado de saúde;
  11. Estar papando brebas: non facer nada, estar despistado, distraído; tamén "estar papando moscas";
  12. Feita/o coma unha pera: ben axeitado, perfecto, admirábel, de boa figura; tamén se pode aplicar a persoas; dito curioso se temos en conta que as peras presentan formas moi irregulares, a diferencia doutras foitas e froitos que tenden á simetría;
  13. Ir á prea: ir roubar froita ás hrtas dos viciños;

  14. Non che caerá esa breba: non terás a sorte de acadar iso ó que aspiras ou desexas; ;
  15. Non se lle poden pedir peras ó olmo; non se pode agardar dunha persoa algo que non está nas súas posibilidades;
  16. Outonecer: dise das froitas e legumes que, pasado o tempo, non maduran, que quedan estancadas no seu proceso de crecemento;

  17. Quedarlle coma unha pera: dise principalmente dunha prenda de vestir que perfectamente axustada á media; tamén se di "quedarlle que nen pintada/o";

  18. Quien nísperos come, espárragos chupa, bebe cerveza y besa a una vieja, no come, ni chupa, ni bebe, ni besa;
  19. Una perita en dulce;
  20. Vale máis pan duro que figo maduro: porque o pan dura aínda se aproveita e os figos maduros logo apodrecen;
  21. Xaponesas: variedade de ameixas similares ás xemas;

viernes, 5 de febrero de 2010

Refráns, ditos e expresións da fala popular relacionados cos ovos e as galiñas


  1. ¡A güevos! ou ¡por güevos!: á forza,necesariamente, sen discusión;
  2. Caír nunha tortilla: magoarse, enfermar de súpeto debido a un exzceso de traballo ou a unha vida pouco saudable;
  3. Caldo de galiña: líquido rico en graxa que se lles daba ás mulleres recén paridas, obtido da cocción dun anaco de carne de galiña; tamén tabaco de liar;
  4. Cando seas pai comerás ovos;
  5. Churras: galiñas novas;
  6. Comer coma un pito: comer moi pouco;

  7. Costar un "güevo": precisar esforzo ou sacrificio; en moitas expresións da fala popular, os ovos están relacionados cos órganos sexuais masculinos;

  8. Cucar un ovo; facerlle un buratiño para tomalo bebido; a orixe do dito procede do costume do cuco de come-los ovos doutros paxaros para sustituílos polos seus e que incuben, de aí que "ser moi cuco" sexa sinónimo de ser moi aproveitado;

  9. Deitarse coas galiñas ou deitarse coma as galiñas: tamén se di deitarse co Sol, deitarse moi cedo.

  10. Estar chocando: incubando unha enfermidade ou, referíndose á muller, estar embarazada de pouco tempo;

  11. Estar coma un "güevo": estar moi suscétibel ou delidado de saúde;
  12. Estortillarse: caír e magoarse de consideración;
  13. Facer unha tortilla: esnaquizar algún obxecto;

  14. Febreiro, oveiro;

  15. Galadura: mancha na xema do ovo;

  16. Galiña o que non... (faga determiñada cousa); a galiña asóciase en Galicia co medo, a timidez e a cobardía;
  17. Galiña que canta coma capón, muller que fala coma un home, na miña casa non;

  18. Gallo que no canta, algo tiene en la garganta;

  19. Hai que ter güevos: tamén "hai que botarlle güevos", "hai que telos ben postos", fai referencia á identificación da forza e da vontade cos órganos sexuais masculinos, aínda que a expresión tamén se emprega referida a mulleres; (Ver Miguel de Unamuno);
  20. ¡Manda güevos!:
  21. Mata-la galiña antes de poñer os ovos: avaricia, falta de previsión no eido económico; malgastar; esgota-la fonte dos posibles beneficios; a orixe do dito remítenos a un conto tradicional moi extendido por toda Europa ""La gallina de los huevos de oro");


  22. Non hai galiña gorda por pouco diñeiro; co mesmo siñificado "non dan os duros a catro pesetas";

  23. Non sabe o raposo as galiñas que durmen fóra;
  24. O galiñeiro: nos cines e teatros, a parte máis alta do recinto destiñada ó público, coas entradas de máis baixo prezo; nos autocares, os últimos asientos, que soen estar máis outos que os outros; tamén lle din "o poleiro";

  25. Onde hai galo non manda galiña; equivalente a "onde hai patrón, non manda mariñeiro", pero con certos visos de machismo;

  26. Para facer unha tortilla hai que rompe-los ovos; o mesmo que "para face-las Américas hai que cruza-lo mar";
  27. Parece que está poñendo un ovo: dise dunha forma despectiva para referirse a unha postura corporal pouco natural;
  28. Parecer unha galiña choca: estar decaído, falto de forzas; sofrir unha serie de pequenos achaques;
  29. Pitas: galiñas novas;
  30. Poleiro: calquera lugar outo nun recinto, que permite unha vista de conxunto:
  31. Poñerse coma un pito: mollarse por completo por mor da choiva;
  32. Poñerse de choco: incuba-los ovos as galiñas;
  33. Poñérselle a un a carne de galiña: tremer ou arrepiarse; reacción cutánea debida ó frío ou a unha nova disgraciada, tamén ó medo;

  34. Quedar coma o galo de Morón; o dito completo é "quedar coma o galo de Morón: sen prumas e cacareando en calquera ocasión"; o dito procede dun suceso acontecido en Morón da Frontera (Sevilla) no século XVI;
  35. Quedar nunha tortilla: caír e magoarse;

  36. Saír do cascarón: medrar; perde-la timidez e amosarse con naturalidade diante dos demais; mostrar inesperadamente atrevemento en feitos, actitudes e palabras; comportarse con desenvoltura; expresar ideas avanzadas repentinamente;
  37. Sé-lo amo do galiñeiro: dise do que manda nun grupo;
  38. Sé-lo galo do corral: ser o único home nun grupo de moitas mulleres; ser o líder dun grupo;
  39. Ser galo de moitas galiñas: ser un Don Juan; conquistar a moitas mulleres;
  40. Ser un "rompegüevos": persoa incordiante;
  41. Ser unha galiña ou ser un galiña: dise dunha persoa cobarde ou medrosa, sempre en feminino aínda que se trate dun home;
  42. Subirse ó poleiro: adotar unha actitude prepotente;
  43. Ter a forza dunha galiña: esta expresión aplícasalle principalmente ós homes que, a pesares da súa apariencia física, non teñen forza para levantar ou acarrexar obxectos que teñan algo de peso;

  44. Ti falas cando as galiñas mexen: expresión de carácter despectivo que se lle di a un neno para indicarlle que non pode participar na conversa;

  45. Tortillera: lesbiana;

Adiviñas:


Entre dos pares de blancas

hay una flor amarilla

que se le puede presentar

al mismo rey de Castilla

Solución: os ovos fritidos



Cucurico non ten ollos, cú, nen bico

e os fillos de cucurico teñen ollos, cú e bico.


Solución: o ovo


Copla:
O amor que che teño
e máis o que che hei de ter
caben na casca dun ovo
e máis nono han de encher.