"A parte máis preciada do porco eran os xamóns; despois de sacalos do sal, poñíanse a curar pendurados dunha viga ou dun puntón por un cordel, nun sitio seco; ás veces mesmo os colgaban debaixo da viña, a sombra, cando sopraban o Norte ou o Nordés con forza; neste caso metíanos nunhas saquetas feitas de lenzo dunha saba vella ou das sacas da fariña, para protexelos das moscas.
"Parte desdes xamóns reservábanse para a época dos labores máis importantes do ano e moi especialmente para as rogas; os outros remataban no bandullo dos profesionais e funcionarios, tanto da comarca coma da capital (médicos, notarios, avogados...).
¡E un xamón!
Ten o mesmo siñificado que "¡naranjas de la China!", "ancas de ráa", "diso nada", "nen falar do conto", negativa rotunda, non falta de ironía, porque os xamóns eran a parte máis preciada do porco, que moitas veces os paisanos non comían, senón que os empregaban para obter ou agradecer favores, por iso, na sociedade tradicional os xamóns están unidon ó soborno, ó enchufismo e ás prebendas conseguidas inxustamente de funcionarios ou profesionas corruptos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario