viernes, 6 de agosto de 2010

Viño español


Viño de honra (1), aperitivo que se serve despois dun acto solemne ou oficial, de carácter público, para convidar ós asistentes ó mesmo; consiste normalmente en bebidas frías (nen café, nen infusións), pero non exclusivamente viño, senón tamén cervexa, mosto, refrescos, augas minerais, zumes e xa máis recentemente tamén cava e cap de froitas; e pinchos, que se toman de pé (olivas, tortilla española, empanada, ensaladiña rusa, fiambres, queixo, froitos secos, patacas fritidas, patés, galletas salgadas, mesmo caviar (ou algún sucedáneo), croquetas, calamares fritidos.., segundo o presuposto de queno encarga e a imaxinación de queno serve.

Con motivo do desastre do Prestige as institcións públicas galegas suspenderon os viños de honra, moi frecuentes na época de Nadal, e algunhas nonos volveron recuperar agás en situacións de gran solemnidade; actualmente e debido á crise económica están prácticamente esquencidos.

(1) Esta denominación triunfou sobre a de "viño galego".

No hay comentarios:

Publicar un comentario