Estes cambios teñen que ver con tódolos aspectos da vida cotiá e foron propiciados tanto desde o interior da propia sociedade galega, coma desde o exterior,
Desde o interior as causas dos cambios son múltiples:
- A reducción do núcleo familiar, o envellecemento da poboación e o aumento do número de familias unipersoais;
- A menor necesidade de realizar grandes esforzos físicos e, en consecuencia, a menor necesidade de inxerir productos de gran aportación enerxética;
- A preocupación pola saúde, pola hixiene e polo peso corporal;
- A posibilidade de atopar nos mercados unha meirande variedade de productos;
- A transformación dos medios para cociñar;
- Unha diferente distribución do tempo;
- Unha meirande capacidade adquisitiva...
Desde o exterior, sen dúbida, a publicidade e máis concretamente a publicidade televisiva resulta un dos factores máis influíntes, pero non hai que esquencer a incidencia dos costumes dos inmigrantes, emigrantes retornados e do turismo. As parrilladas, tanto de carne coma de peixe, o churrasco, os chourizos criollos, as pastas, pizzas, crepes e mesmo o consumo de marisco hoxe forman parte habitual da nosa dieta polo seu influxo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario