martes, 10 de agosto de 2010

Os Diarios de Mariana Canabal

"Unha ou dúas veces por semán, case sempre os xoves e os sábados, pasaba o pescadeiro ou peixeiro, que dos dous xeitos lle dicían.
"O seu percorrido dependía das venda que fixera, cando remataba o xénero, daba a volta e volvía para Santiago.
"Avisaba da súa chegada tocando a bocina da furgoneta ou do motocarro, que todos recoñecían, para que as mulleres acodiran ó camiño por onde pasaba xa cos cartos no peto do mandil, pois ó pescadeiro paábaselle na man. Traía xurelos, grandes e pequenos, sardiñas, bacallaos (lirios), anguilachos e máis rara vez cariocas ou fanecas, porque a nosa casa quedaba ó final do percorrido e xa as vendía antes de chegar alí...
"As mulleres tamén ían co peixe na cabeza polas carreteras de saída de Santiago tratando de esgotar a mercancía que non venderan na praza de Abastos. Elas non estaban motorizadas e algunhas aceptaban o pago en especies (millo, fariña, patacas, fabas, repolo...).

No hay comentarios:

Publicar un comentario