martes, 3 de agosto de 2010

Hábitos de compra (3)

Máis sobre o regateo:
O regateo é unha variante da poxa e do tanteo; este só se practicaba nas feiras co gando maior e tamén sobre os terreos, de xeito que, ó tratarse de transacións importantes, era cousa de homes, mentres que o regateo era principalmente feminino e, ademais do interés económico era toda unha lección de cultura popular e de retranca galega.

Exemplo de regateo:

ADELAIDA.- (A Ofelia). ¿A como vende-los grelos?

OFELIA.- A oito pesos a manchea, pero xa sabes que eu non teño mans de fame. ¿Cantas me levas?

ADELAIDA.- Lévoche tres se mas deixas a seis.

OFELIA.- Boeno, muller, co traballiño que me custa pañalos. Os anos non perdoan e os meus cadrís xa non están para moitas festas.

ADELAIDA.- Vinte pesos polas tres monllas e non se fale máis.

OFELIA.- Sexa, pero vai porque ainda non me estrenei, que se non...

ADELAIDA.- Ten, a conta xusta e ata outro día.

OFELIA.- ¡Que vos presten e vai pola sombra!

(Fragmento de "O engado", texto teatral en tres actos e un epílogo orixinal de María Montaña, inédito).

A poxa:
Sistema habitual nas lonxas, empregábase tamén nas parroquias, tal é o caso das uñas polo San Lázaro ou do porco de San Antonio, e tamén para vender as galiñas, pichóns e outros animais que o crego recibía dos seus feligreses.

No hay comentarios:

Publicar un comentario