martes, 31 de agosto de 2010

O pan (4)

Superstición:
O Día de Tódolos Santos, víspera do Día de Defuntos no que en Galicia se celebra o Samahín, despois de cear recollíase a mesa, pero non se quitaba o mantel, nen se retiraban as pequenas migas de pan que quedaban enriba del na creenza de que as ánimas dos familiares mortos poderían visitar a súa antiga morada esa noite.
Para non facerlles estorbo, esa noite a familia deitábase cedo e en silenzo. Tampouco se apagaba o lume de todo, senón que se deixaba un pequeno rescoldo e, ás veces, unha "mariposa", vaso con aceite cunha pequena mecha acesa.

¡Curiosa forma de entender a relación entre os mortos e os vivos, propia da nosa terra!

No hay comentarios:

Publicar un comentario