domingo, 22 de agosto de 2010

Da miña bitácora

As landras:
Recollíanse para darlle ós porcos como complemento á súa alimentación habitual (lavadura e fariña de millo); era un traballo que facían os nenos ou as nenas cuns cestiños de bimio de tamaño acorde á estatura e á idade do rapaz, porque para un adulto era un labor vergonzante.
Para os cativos era un pequeno xogo, xa que aproveitaban a xuntanza para xoga a "nesta casa hai fume", á agachadela ou a calqueira outro xogo.
Tamén se empregaban nalgúns xogos de apostar ou nalgunhas sortes sustituíndo ás fabas ou ós carolos.

¡Animal de bellota!: bruto, terco, cabezota; insulto que aínda escoitamos de cando en vez. Lembremos que as landras (bellotas) son a base da alimentación do cerdo ibérico, hoxe tan valorado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario