Estáballes prohibido:
- Beber auga fría, viño branco, gaseosa...
- Beber cervexa mentres lle daba de mamar óneno porque dicían que amargaba o leite;
- Comer pescado azul, polbo, bacallao e mariscos, empanada...
- Ensaladas...
- Froita, sobre todo se era de óso...
- Ir buscar viño á adega ou trasvasalo;
- Molla-las mans en auga fría e, polo tanto, lava-la roupa tanto no río coma no pilón;
- Molla-los pés e, en consecuencia, bañarse no mar ou no río;
- Rega-las prantas ou trasprantalas;
- Acodir á misa ou calquera outra celebración dentro da eirexa;
- Facer vida marital;
- Levar disgostos porque se lles cortaba" o leite;
- Regalar a roupa do bebé;
A súa dieta consistía principalmente en:
- Caldo de galiña e sopa de fideos ou de cuscús; o caldo de galiña nalgunhas localidades tamén debía de tomalo o home;
- Chiculate;
- Sopas e torrixas de viño tinto do Ribeiro;
- Viños doces, tipo Málaga ou Xerez;
- Gardar cama durante 9 días;
- Tomar leite quente se o neno ó que lle daban de mamar estaba acatarrado;
Similares tabús debían ser respetados durante a menstrución; a meirande parte deles teñen a súa orixe na tradición xudea e penetraron na nosa cultura a traverso do cristianismo.
Tamén existían tabús durante o embarazo, coma ser madriña de bautizo, por exemplo.
A dieta remataba cun acto de purificación, "entrar na eirexa", ó que acudía a nai co neno ou nena para ser bendecidos polo crego ó que debían aportar unha galiña se era neno e un par de pichóns se era nena. A partires deste momento a muller volvía a recupera-lo seu papel na vida sociocomunitaria. "Ya ha salido a misa" dicían da muller que rematara a dieta nos pobos de Castela, segundo unha das nsas informantes.
Estes tabús transmitíronse de xerazón en xerazón por vía feminina ata mediados dos anos 60, cando mulleres novas emigradas ás grandes cidades españolas ou a países europeos racharon con estes costumes, unhas por convicción e outras por necesidade, xa que tiñan que rendir no seu traballo e transmitiron ó retornar un novo xeito de afrontar un feito natural como é a materndade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario