miércoles, 4 de agosto de 2010

Peras en almíbar


Ingredientes:
  • Peras;
  • Zucre;
  • Zume de limón;
  • Canela en rama;
Elaboración:
Vertémo-lo zucre nunha tarteira e añadimos auga ata cubrilo (un pouco máis se non queremos que resulten excesivamente doces). Remexemos ata disolve-lo zucre por completo e deixamos que ferva uns minutos. Xa teremo-lo almíbar.
Pelamo-las eras e partimolas en anacos, quitándolles o corazón, roiamolas co zume de limón.
Cocemo-las peras no almíbar. O tempo de cocción depende da dureza das peras e do gosto de quen as prepara.
Poñemo-las peras nun bote ou botes de cristal, añadindo almíbar ata que queden cubertas e deixamos enfriar. Os botes deben estar previamente fervidos e escurridos e cerrar herméticamente.
Poñemo-los botes a baño María nunha tarteira durante un bo anaco e xa temos unha exquisita sobremesa para tomar en calquera intre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario