lunes, 30 de agosto de 2010

Hábitos de compra (4)


Cando falamos de cambio de hábitos alimenticios debemos referirnos tamén á maneira de conquerir os productos cos que abastecerse e elaborar as comidas.
Ata finais dos anos 50 no mundo rural predominaban o autoconsumo e o troco; este último para conseguir productos tales coma o aceite, o café, zucre, cacao, cascarilla, achicoria, pementón e outras especies, conservas, sal (que non era un producto de consumomenor, xa que se empregaban grandes cantidades para conserva-la carne de porco).
A cambio os paisanos entregaban leite, ovos, grao de millo, trigo ou centeo paa obter as fariñas, fabas, patacas... máis ocasionalmente, polos, galiñas e coellos; é dicir, todos aqueles excedentes do consumo familiar que tiveran demanda no mercado, pero sempre en pequenas cantidades.
Estes productos tiñan como destinatarias inmediatas as familias da zoa que non se adicaban ó sector agrícola por medio das tabernas que facían de intermediarios.
O troco era practicado case exclusivamente polas mulleres, millor dito, pola muller da casa que tiña a responsabilidade da administración familiar, o que se coñecía popularmente coma "ter o cesto da feira".
O troco comeza a desaparecer a finais dos anos 50 pr varios motivos:
  1. A xente ten máis cartos en efectivo. Estes cartos proceden nunha nova forma de emigración a Europa, a Cataluña, ó País Vasco...; comezan a cobrarse os subsidios (daquela chamábanse así9 por xubilación, viudedade, orfandade, enfermidade o invalidez (emprego conscientemente este termo frente ópreferido actualmente de discapacidade para conservar a linguaxe das testemuñas);
  2. Os traballadores por conta allea nos sectores secundario e terciario teñen cada vez máis peso demográficamente en proporciónós traballadore agrícolas e aínda máis economicamente porque os seus salarios non están suxeitos á incertidume das colleitas;
  3. A introducción dos arados de ferro, das sachadoras e outra maquinaria agrícola permite que as familias poidan prescindir dalgunha man de obra que, adicada á construcción, ó transporte ou ós servizos, aporta uns ingresos moi imprtantes para a economía familiar;
  4. Tamén máis mulleres comezan a traballar para a incipientes clases medias como lavandeiras, pranchadoras, niñeiras, cociñeiras, asistentas (criadas de servizo por horas) e a cobrr en efectivo e non en especies, grazas a que ían paulatinamente liberando o seu tempo (xa non se cocía o pan na casa non se eleboraba o liño, non se tecía...);
  5. Recupérase man de obra xuvenil, grazas á renovación da poboación, en comparación coas décadas anteriores nas que se deixaron sentir os efectos da Guerra Civil;
Estamos entrando na modernidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario