O leite en pó, que chegaba ás aldeas nos anos 60 como parte da axuda dos Estados Unidos de Norteamérica, non lles gostaba ós paisanos, entre outras razóns porque non tiñan paciencia para diluílo en e formaba grumos ou porque se lles chamuscaba con moita frecuencia; os máis vellos preferían almorzar con caldo ou con auga con graxa, cando non cunha copa de caña e un anaco de pan.
Pouco despois apareceu o leite condensado; viña nunhas latas similares ás das conservas de froitas e facíanlle un buratiño cun birbiriquí na parte superior, pero do borde para que non se botara a perder. Como o seu prezo era levado, o seu consumo era ocasional.
Os importantes cambios producidos na comercialización do leite foron, en gran parte, debidos á aparición dos frigoríficos. A nivel doméstico podía mercarse para varios días, sen necesidade de depender dos horarios das leiteiras, o que supoñía un ha liberación para a muller da casa. A nivel comercial os establecementos tamén podían incluír o leite entre os seus productos sen medo a que se lle botara a perder ó non vendelo no día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario