miércoles, 25 de agosto de 2010

As rogas (2)

Ás veces o parentesco espiritual, que se establecía principalmente polo feito de ser padriño ou madriña do bautismo e, como consecuencia, afillado ou afillada e comadre ou compadre, era máis forte e duradeiro que o parentesco de cosanguinidade, pois, ó non ter aquel recoñecemento civil, non daba lugar a pleitos ou liortas por cuestións patrimoniais.
Ademais destes lazos de parentesco existían outros vínculos entre as familias, xurdidos ocasionalmente, pero que pasaban dunhas xerazóns a outras ata perderse a memoria do feito que orixinara a estreita relación interfamiliar.
Do mesmo xeito que se transmitían os vínculos solidarios, tamén se transmitían as inimistades.

Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
"As nosas uvas eran as primeiras que maduraban, porque a viña era alta e estaba toda ela orientada ó mediodía. Vendimabamos e acarrexabamo-las uvas en cestas e estos á casa dos da R., que non era a máis próxima, nen teñamos parentesco algún con eles, pero levabamonos ben.
"Tiñan un lagar grande e feito de novo no pallote que estaba ó carónda casa; tiñánnolo limpo e disposto para nós, porque ele vendimaban máis tarde. En compensación deixabámoslle o bagazo para despois xuntalo co seu e facer a caña; logo dábannos unha botella ou dúas, segundo fora a anada...

No hay comentarios:

Publicar un comentario