O xeito de abastecerse destes productos era diverso, tanto na forma na que os pagaban, coma a onde e a quen llos mercaban.
En canto á forma de pago podía ser:
- Por medio dunha sorte de intercambio; entregaban productos, principalmente ovos e recibían aceite, zucre, especies... por un valor equivalente;
- Á conta do leite; soían face-las contas por semán e descontaban do importe que debían recibir polo leite o valor dos productos mercados;
- Ó fiado;
- Pagando na man en efectivo;
En canto a onde e a quen lle mercaban dependía sobre todo dos productos a adquirir:
- A outros viciños mercábanlle o leite, as patacas, o grao e mailo viño, todo ilo en cantidades relativamente grandes;
- Nas tabernas e ultramariños; a cotío;
- Nas feiras e mercados; aquí mercaban animais, queixos e outros productos que non se mercaban tódolos días;
- A vendedores itinerantes, sobre todo o peixe e o pan;
Nas cidades comprábase principalmente nos mercados de abastos (carnes, peixes, mariscos,
froitas, verduras...), nos que se xuntaban regateiras e paisanas para ofrecer os seus productos; nas tabernas, tendas e ultramariños e en establecementos especializados (chiculaterías, queixeirías...) que non existían no medio rural.
As paisanas:
Eran mulleres dos arredores que acodían ós mercados, máis ben en días alternos ou somentes os xoves e os sábados, con productos da súa propia colleita, moitos deles de tempada, ou de elaboración artesanal (mel, manteiga, queixos...). Pagaban piso para colocarse coas súas cestas nos lugares xa destiñados a elas. Algunhas facían a viaxe a pé, coas cestas na cabeza, outras nos coches de liña e as de máis lonxe no tren. Ó non teren medio de transporte propio acodían a aqueles mercados ós que lle permitían os escasos medios da época.
As regateiras:
Eran mulleres que tiñan o oficio de mercar e vender, sen seren elas mesmas productoras. Tiñan os seus sitios fixos nos mercados e, a diferencia das paisanas, ocupábanos tódoslos días.
O regateo:
Sistema de compra e venda no que o prezo final se establece despois dun longo e ás veces inxenioso toma-e-daca entre o comprador e o vendedor. A pesares das normas municipais establecidas a petición dos consumidores, para evitar o fraude e o engado, coa obriga de ter visibles os prezos de cada producto, o sistema de regateo non esapareceu por completo, sendo unha das múltiples causas do declive dos mercados, xa que as xerazóns máis novas non coñecen este arte e séntense estafadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario