jueves, 26 de agosto de 2010

"O abade onde canta, xanta"

Título que tomo prestado dun poema de Xosé María Álvarez Blázquez.
Con ocasión das grandes celebracións eclesiais (A Páscoa, O Corpus Christie...) e, no caso galego, sobre todo os enterros, reuníanse varios clérigos (sete eran os da "táboa") das parroquias viciñas ou desplazados desde un mosteiro póximo para cantar a misa ou o enterro cos correspondentes responsos; o cura titular da parroquia tiña a obriga de convidalos a xantar, ademais de pagarlle polos seus servizos, que el xa lle cobrara previamente ós seus parroquianos ou á familia do defunto.
Coma os curas tiñan fama de comer ben e en abondancia, os párrocos procurábanse criadas que souperan facer ben de comer.

A criada do cura:

Arrimar, arrimeime, funme arrimando,
á criada do cura cominlle o caldo;
cominllo caldo, nena, cominllo caldo;
arrimar, arrimeime, funme arrimando.
Era un personaxe emblemático da cultura tradicional galega, moitas veces denostado como evidencian tanto cancioneiro coma o refraneiro popular.

Ai lalalaa, ai lalelo,
i-a criada do cura ten un neno,
ten un neno xeitosiño
que de nome lle chaman Antoniño/Manoliño.

O cura cando vai fóra
déixalle dito á criada:
Veña tarde, veña cedo,
déitate na miña cama.
Tema que xa chamou a atención ó Arcipreste de Hita.

  • Comer coma un cura: comer en bondancia productos de calidade; o dito ven de cando os cregos vivían case coma os Señores da Idade Media; recibían "diezmos y primicias" e explotaban as terras do igrexario, ían de caza co boticario, o alcalde e o segredario do concello, cobraban polos seus servizos e aínda recibían dádivas a cambio de favores. Gostáballes ser convidados ás millores casas da parroquia e apreciaban a comida ben feita, os viños e os licores de máis calidade; tamén tiñan fama de larpeiros.
  • Vivir coma un cura: levar unha vida regalada;
Similares:
  • Comer coma un Pepe: comer ben, quedar satisfeito; dicíase dun neno, dun vello, enfermo ou convalencente para indicar que comera o suficiente; como había moitas patoloxías provocadas pola mala alimentación e outras as que esta influía negativamente, o comer en abondacia e, incluso o sobrepeso, eran considerados coma síntoma de saúde;
  • Estar coma un Pepe: (tanto se podía empregar esta expresión para referirse a un mesmo ou para referirse a outra persoa); estar ben tratado, satisfeito, coidado; o mesmo siificado ten "estar coma un rei nun ha cesta e a cesta polo río abaixo", nunha clara referencia á lenda de Moisés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario