- A ollo de buen cubero: sen empregar nengún instrumento de medición;
- Caldeirada: guiso de carne ou de pescado; comida caldosa mal feita con mistura descoidada de varios ingredientes;
- Caldraxada ou caldruxada: dise da auga que se quentou por efecto do Sol ou do movemento no seu trasego;
- Catar: probar (un viño, un licor, os queixos, os ovos ás galiñas...); acción de extraer unha pequena mostra dun producto para comproba-la súa calidade;
- Comer de campo: comer ó aire libre con motivo dunha romería ou excursión;
- Comida de batalla: comida feita con pouco esmero, con productos correntes e que precisa pouca elaboración;
- Dá gosto velo comer: dise dun neno, persoa maior ou convalecente que come con papetito e de todo;
- Dar as cebolas: estar moi suxo;
- Dárllelas con queixo: engadar, presentar un asunto só nos seus aspectos agrables; agocha-las dificultades;
- De bon paladar: dise dun manxar, pero tamén dunha moza fermosa e aghradable no trato;
- Encebolado: cociñado con cebola en abondancia;
- Enchenta: comida pantagruélica, indixestión; molestia por haber comido en exceso;
- Enrestrar: coloca-las cebolas e os allos para a súa venda;
- Estar cebado: ter sobrepeso, estar moi gordo;
- Estar cocido: estar acostumado ás dificultades, ter experiencia, tamén "estar curtido";
- Estar coma un pipote: estar moi gordo, ter moita barriga;
- Estar coma unha cuba: estar ebrio, ter bebido moito;
- Hoxe comeu lingua: dise dunha persoa que fala moito ocasionalmente, sen ser habitual nela;
- Ingredientes: productos necesarios para elaborar un prato;
- Meterlle o dente: darlle unha dentellada; repender, censurar;
- Non estar para festas ou non estar para moitas festas: sentirse vello, triste, desanimado, se se refire a unha persoa; gastado, moi usado, a piques de romperse, se se refire a un obxecto;
- Non privarse de nada: comer de todo en abondancia, sobre todo productos de alta calidade ou prezo elevado;
- Non se corta os dedos: tacaño, rácano, amarrado;
- O que nada non afonda: dicíanllo a un neno cando lle preguntaban que quería tomar e respostaba "nada";
- O que se pica, allos come;
- Paniaguado: falto de criterio, de personalidade; sen xenio, corto, tiorato; ten carácter pexorativo;
- Papuntos, papaberzas, papabroas, papabrebas, papahostias, papalloas: todos eles son insultos;
- Para comer, Lugo: dito convertido en slogan do que se sinten orgullosos os lucenses e que utilizan para atraer ós forasteiros;
- Picarse: darse por aludido, molestarse, amoscarse;
- Piperetada: lambonada, chuchería, golosiña; comida de pouco valor nutritivo, pero sabrosa, case sempre doce, que se lle ofrece a un neno ou a un vello para contentalo;
- Piscolabis: tentempé, comida fría acompañada de bebidas varias;
- Poñer toda a carne no asador: poñer empeño nunha empresa, arriscar, non escatimar esforzo;
- Prívame: góstame moito, non me podo resistir a tomalo (referíndose a un producto concreto);
- Privarse: absterse de comer un determiñado producto, ben por razóns económicas, ben de saúde;
- Pulgas: mini bocadillos feitos cunhas pequenas boliñas de pan; sérvense como tapas nos establecementos de hostelería dun anos para acá; tamén se preparan para aperitivos, merendas ou piscolabis;
- Saber o leite que dá a vaca: coñercer os sacrificios e privacións quo feito de vivir leva consigo;
- Sacarlle á boca: reducir a inxesta de alimentos, ben por aforrar, ben por baixar de peso;
- Sacar o bocado da boca: privarse de comer para darlle a outra persoa, case sempre moi achegada, principalmente fillo ou filla; coido que a orixe desta expresión procede da observación da natureza, xa que os paxaros alimentan ás súas crías regurxitando a comida;
- Sacauntos: "Coco" co que ameazaban ós nenos máis pequenos para que se comportaran ben; tamén "sacamanteigas";
- Ser prato de segunda mesa: dise dunha muller ou dun home que mocean ou casan cun home ou unha muller respectivamente que tivera anteriormente outra relación amorosa; tamén se di cando a unha persoa lle ofrecen algo que outra rexeitou;
- Ser un óso duro de roer: ser unha persoa de trato difícil, terca ou mala de convencer;
- Ter bon paladar: saber apreciar o gosto dos manxares; ter a cualidade de saber escoller sempre o millor;
- Unha cousa é falar da allada e outra verse nela: a diferencia entre a opinión e a vivencia;
- ¡Vaite fritir espárragos!: dito de orixe allea ó galego pois os espárragos non eran un producto específico noso; tiña un carácter despreciativo; tamén "¡vaite por aí que xa te chamarei!", "¡que che den morcilla!" ou simplemente "¡que che den!";
- Verse na allada: verse implicado, comprometido;
- Zaragallada: fritido para as empanadas feito a base de cebola, pemento roxo e verde, ó que se engade o bacallao, atún, zamburiñas, etc.
lunes, 21 de junio de 2010
Ditos relacionados coa gastronomía (4)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario