- A carreiriña dun can: unha distancia relativamente larga.
- A perdiz co dedo no narís: refírese ó cheiro penetrante da carne que é preciso eliminar co adobo.
- ¡Bótalle un galgo!: dao por perdido;
- Cazáas ó vóo: dise dalguén que ten moita axilidade mental, picardía ou capacidade para relacionar ditos ou feitos. Tamén "pilalas voando" ou "pillalas polo aire"; coido que o dito ten relación coa caza das perdices;
- Coidei que era un paxaro;
- Cheirar ó brabú: as carnes de ovella e de cabra, principlamente os animais machos.
- Dar gato por lebre: tamén levar gato por lebre; nalgunha taberna os mozos téñenlle gastado algunha broma a algún compañeiro que afirmaba rotundamente saber diferenciar entre a carne dun ou doutro animal, similares en canto a peso, tamaño e constitución ósea; de aí que haxa persoas que rexeitan tomar coello (ou lebre) fóra da súa casa.
- Estar a un tiro de escopeta: expresión que se emprega para indicar unha distancia curta.
- Durmir cun ollo aberto coma as lebres; ou tamén durmir cun ollo aberto e outro pechado, ter un sono moi lixeiro, espertarse con moita facilidade;
- Foron felices e comeron perdices: final comodín de moitos contos populares españoles;
- Gato esfolado coello é; similar a dar gato por lebre;
- Home cazador e troiteiro, nen boa meda, nen bo palleiro; (comentado nos ditos referidos ó peixe).
- Ir de caza;
- Ir ós coellos;
- Levanta-la lebre; descobrir un segredo, dar indicios sobre algunha irregularidade.
- Marea-la perdiz: darlle voltas e máis voltas a un asunto para gañar tempo;
- Más vale pájaro en mano que ciento volando;
- Matar dous paxaros dun tiro;
- O meu can pillou unha lebre; o dito completo é o meu can pillou unha lebre, ¡Deus sabe cando pillará outra!; dise cando unha persoa fai ou consegue algo casualmente, pero non podería facelo ou conseguilo de xeito habitual;
- O paxaro voou;
- O que non corre, voa: todo o mundo anda lixeiro para conquerir aquilo que pretende;
- Parir coma unha coella; ter moitos fillos de seguido.
- Poñer a serenar: adobar en tempo as carnes, principalmente as da caza.
- Saír escopetado: marchar supetamente. Tamén andar escopetado.
- Ser unha lebre corrida; ten carácter pexorativo; dise dunha persoa, tanto home coma muller, que ten unha longa experiencia, principalmente en asuntos amorosos;
- Ter a tiro;
- Ter no punto de mira;
- Ter ollo de lebre: te-lo sono lixeiro; procede doutros ditos tamén común, durmir cun ollo aberto coma as lebres ou durmir cun ollo aberto e outro pechado;
- Tirarse os paxaros ás escopetas;
- Ventar: intuír, sospeitar;
- Vostede perdoe, coidei que era un paxaro ou simplemente "coidei que era un paxaro";
Asubíasme de lonxe
coma can que anda perdido;
eu non son muller de caza
que entende por asubío.
(copla de desafío)
No hay comentarios:
Publicar un comentario