viernes, 19 de marzo de 2010

Hábitos de compra



Andar ó fiado:
Mercar, sobre todo productos alimeticios coa promesa de pagar por semana, por quincena ou por mes, segundo os periodos de cobro dos membros da familia que traballaran por conta allea; tamén se diciía mercar coa libreta, porque os taberneiros apontábanlle ó cliente nunha libreta escolar os gastos realizados, ó tempo que eles levaban tamén un libro de débedas.
Este costume, hoxe sustituído polo pago con tarxetas de crédito ou de débito, practicábase tanto nas vilas e cidades coma nas aldeas, pero nestas os pagos non sempre se facían en efectivo, senón tamén en especies ou á conta do leite.

Hoxe non se fía, mañán si: nalgúns establementos tiñan este letreiro para informar de quwe non se fiaba;

O que fía en Deus confía: xogo de palabras que reflexa a incertidume de se o deudor terá a posibilidade e a vontade de pagar cando chegue o momento.

Mercar ó día:
Mercar e pagar diariamente a meirande parte dos productos que consumía a familia. Era un hábito urbán que os paisanos valoraban negativamente, acostumados a facer, sempre que podían, acopio de alimentos para toda unha tempada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario