domingo, 28 de marzo de 2010

As bebidas (2)


Máis notas sobre o chiculate:

Nas casa de máis abolengo o chiculate acopañábase de picatostes (pan cortado en taquiños e fritido na tixola).

Os nosos informantes lembran marcas moi populares: Chololates Raposo (fábrica compostelá), Sabú, A Perfección...

O tomar chiculate con churros nas churrerías ou nas cafeterías era un costume moi común a algunhas festas, coma as da Ascensión e as do Apóstolo en Santiago de Compostela, e tamén habitual forma de altenar das parellas de noivos e das familias das vilas.

Si te dan chiculate,
tómalo, Lolá,
que la reina de España
también lo tomá
di a cola pupolar (segundo algúns a raíña Isabel II era afeizoadaa el).

Esta vai por despedida,
esta via por derradeira,
acabouse o chiculate,
rompeu a chiculateira
era unha copla de despedida das troulas ou seráns.

As contas craras e o chiculate espeso, é un refrán que aínda escoitamos con frecuencia.

En torno ó chiculate existe todo un entramado social e cultural que merece a pena analizar.

As mulleres máis vellas, ás que les soían regalar tabletas de chiculate, gostáballes roelo ou chupalo, se estaban desdentadas, en público como símbolo do bo trato que recibían da súa familia ou do seu propio poder adquisitivo se eran elas as que o mercaban ou mandaban mercar. levábano no peto do mandil e na casa agochábano para que non llo atoparan outros membros da familia (e non precisamente os nenos).

Unha onza de chiculate era a merenda habitual de moitos rapaces; a finais dos anos 60 apareceron no mercado tabletas de chiculates con leite, con améndoas, avelás e chiculate branco, específicos para as merendas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario