- Face-lo xantar: era un dos labores máis importantes da muller da casa; as mulleres máis novas ás que se lles encomendaba esta responsabilidade considerábanse con certo ascendiente sobre o resto da familia; era un sinal de confianza, porque a muller que cociñaba administraba os alimentos e os cartos procedentes da venta de ovos, leite...; a muller que quedaba na casa para face-lo xantar era tamén a responsable de darlle a comida ós animais, sobre todo ó gando miúdo (porcos, galiñas, coellos...) e, ás veces, tamén de ir pañala ó mesmo tempo que recollía as verduras e hortalizas que consumiría a familia; tamén ela distribuía os pagos en especie ou compensacións para os xornaleiros e otros traballadores facendo lotes con patacas, touciño, espigas de millo, ovos, chourizo, queixo...;
- Leva-lo xantar: levábaselle o xantar ós xornaleiros e membros da familia que traballaban no campo, se as terras quedaban lonxe, senón só se levaban as once e a merenda; tamén ós homes, pais, irmáns que traballaban na construcción ou nas fábricas...
- Prende-lo lume: encender lume na lareira ou na cociña bilbaína para face-la comida;
viernes, 19 de marzo de 2010
Labores relacionados coa alimentación
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario