A froita nonse consideraba verdadeiramente un alimento; pola contra, segundo a crenza popular, quitaba o apetito, por iso non se consumía inmediatamente antes de xantar ou como sobremesa, senón entre horas ou para "mata-la sede". Pero non acontecía o mesmo cando se trataba de froitas cocidas (en compota), asadas ou confitadas.
Na idade adulta o consumo de froita íase reducindo, sobre todo no caso dos homes que, ás veces, "nen a probaban".
- de cor máis clara e maior tamaño;
- de cor escura e miúdas;
Como froitas de óso que son, estábanlles prohibidas ás mulleres durante a menstruación e tamén despois do parto.
Tamén se valoraban as cerdeiras pola calidade da súa madeira empregada en ebanistería.
Os figos:
As figueiras eran relativamente abondantes na paisaxe galega, xa que esta árbore medra con facilidade no noso territorio.
Os figos tomábanse moitas veces directamente da árbore. É unha froita moi delicada que se bota a perder en pouco tempo.
Similares ós figos son as brebas. "Non che caerá esa breba" é un dito moi popular; as brebas eran máis apreciadas que os figos.
Figos chumbos ou figos da tuna, eran os froitas da chumbieira ou figueira da tuna (cactus) que antes se vían en moitas eiras, a carón dos balados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario