Coido que merecen a nosa atención por dous motivos:
- A importancia actual do seu consumo;
- As plantacións de kiwis en Galicia, que siñifican máis do 60% da producción española;
Ricos en vitaminas, minerais e fibra, son hoxe consumidos por parsoas de tódalas idades e en tódalas épocas do ano, polo que é preciso recorrir á importación, recomendados polas autoridades sanitarias.
O seu sabor combina moi ben co doutras froitas e ata se empregan en repostería.
A árbore introdúcese en Galicia nos anos 70. A froita popularizárase uns poucos anos antes, importada de Israel que, como consecuencia da súa política agrícola, competía con éxito nos mercados do Centro e Norte de Europa no tocantes á exportación de cítricos.
As ameazas de sabotaxe ós productos israelís por parte de grupos palestinos con motivo da Guerra de Yom Kipur (1973) iniciada por Exipto e Siria para recupera-los territorios ocupados por Israel na Guerra dos Seis Días (1967), fixo pensar ós agricultores galegos na posibilidade de beneficiarse da comercialización dun producto que tiña cada vez máis demanda.
Así en poucos anos comezaron a proliferar as plantacións de kiwis en Galicia, principalmente no sur da provincia de Pontevedra, pero tamén noutras zoas.
Algunhas destas plantacións eran de carácter familiar e resultaban pouco competitivas desde o ponto de vista comercial; o envellecemento dalgúns pequenos productores fai que actualmente algunhas desas plantacións estén desaproveitadas ou en vías de desaparición.
Peras e peros:
Os peros son máis pequenos, de pel áspera e escura e maduran máis tarde.
As peras eran de distintas variedades:
- de Sanxoán: as primeiras en madurar;
- da Nosa Señora, porque maduraban amediados de agosto;
- urracas, as máis apreciadas;
- do inverno, maduraban en outono;
No hay comentarios:
Publicar un comentario