- Caír na patacada: picar, verse enredado nunha trampa ou nun conflicto;
- Caír nunha patacada; quedar preñada unha muller solteira;
- Coller patacas para todo o ano: aseguraba unha base importantísima da alimentación familiar;
- Engrelar: xerminar, botar oxérmolo; engrelan as patacas, as cebolas, os allos...
- Estar nas patacas: tamén estar na horta, estar en Babia, estar nas Batuecas, estar nas berzas, estar distraído, abstraído, despistado;
- Ir para a pataqueira; morrer;
- O Inferno está posto a patacas: era unha expresión coloquial empregada por aqueles que dudaban ou querían sembra-la dúvida sobre a existencia do Inferno como algo real; ten unha connotación anticlerical;
- Parecer unha pataca menecha: dise nunha persoa baixa de estatura e regordecha;
- Patacas da semente: as que se reservan para que xerminen e logo planta-lo xérmolo, grelo ou xurumelo;
- Patacas viúvas: patacas cocidas con sal, unha cebola e, ás veces, unhas follas de loureiro; dspois podían engadirlle un rustrido a base de aceite, allo e pementón;
jueves, 18 de marzo de 2010
Refráns, ditos e expresións da fala popular referidos ás patacas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario