domingo, 7 de marzo de 2010

Os nosos menús


Menú 31:
  • Caldo galego;
  • Empanada de polbo;
  • Quixo con mermelo;

O queixo con mermelo era unha sobremesa típica dos días de festa, xunto coas roscas, biscoitos, "brazo d gitano" e os pexegos en almíbar.

Ás familias máis humildes, acostumadas a consumir case exclusivamente os productos que eles cultivaban, gostáballes presentar ós seus convidados nas calebracións manxares mercados na vila máis próxima ou feitos de encarga en establecementos especializados coma as panaderías (fornos).

Pola contra, ás familias máis acomodadas e tamén nas vilas e cidades gostáballes ofrecer pratos feitos na casa para amosa-las cualidades culinarias das súas mulleres, principalmente das fillas casadeiras, porque as habilidades na cociña eran valoradas positivamente polos posibles pretendentes, poñendo en práctica o extendido dito de que "ó home conquístaselle polo estómago".

No hay comentarios:

Publicar un comentario